leoeosseus

domingo, 2 de xaneiro de 2011

Empezou o 2011


As uvas foron un desastre para o Leo que miraba que corría a conta e el non era capaz de comer máis rápido. Iso si, este ano non esquecemos brindar de pé enriba das cadeiras que é costume arxentina. O Leo calmou o seu choro rallante de sono admirando a foguetería que invadiu o ceo dende O Barriño, As Veliñas, O Pouso, Ghodón e O Ferral. Despóis na cama tiven que inventarlle un conto con Jonistán e Noddy porque esquecemos traerlle contos e gustoume a cara de ilusión que puña o neno.
O primeiro de ano trouxo agasallos atrasados de Papa Noel e un paseo tranquilo pola beira do río semirrecuperado de Vilaguindastre.
E o día de hoxe seguimos desfrutando co tempo case primaveral pola zona da Madroa e Trasmañó con comida nun sitio-mirador altamente recomendable. Houbo máis agasallos de Papa Noel e do Apalpador e parolada sobre o touro fuxido do Porriño.
Mañá é luns e empeza o traballo outra vez.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 02/01/11, 23:20 , Blogger Unknown dixo...

Feliz ano!!!

Hoxe estuvistes moi preto de mi, A Madroa e o meu territorio,jeje

Bicos

 
Ás 03/01/11, 08:37 , Blogger Alís dixo...

Bo xeito de empezar o ano. Que siga así.

Bicos

 
Ás 03/01/11, 10:43 , Anonymous Anónimo dixo...

Nesa casa non parades de ter agasallos, se pensades en adoptar a alguén,
pensade en min!

:-)

moito debeu dar que falar o touro ese...
[cando oín as noiticas lembreime do Leo!]

 
Ás 03/01/11, 12:01 , Blogger fonsilleda dixo...

E agora a empezar con bo pé e un sorriso.
Bicos.

 
Ás 03/01/11, 23:03 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

As uvas son algo rollo para todos. Eu "estírpolles" as sementes, senón tampouco as dou comido.

Feliz ano, familia!

 
Ás 04/01/11, 00:08 , Blogger xenevra dixo...

Eu coma o Leo tampouco dou comido as uvas ao son das campás. Quen sería o que escolleu froita con pel e pébedas??

 
Ás 04/01/11, 09:03 , Blogger matrioska_verde dixo...

Ese río ten moi boa pinta, alomenos para pasear pola súa beira. Biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio