Pascuala, a ra
Ao Leo tocoulle levar para casa a ra Pascuala, a mascota da clase. Isto da ra é unha iniciativa coa que cada fin de semana un neno leva a ra para a súa casa para acompañalo e despóis hai que pór fotos e escribir sobre o que fixo e a onde foi.
O Leo quedou mui contento coa súa amiga e ata por momentos esquecía ao seu amigo imaxinario Jónistan. Non a meteu na piscina e na cama porque non quixo pero levouna ao parque, á biblio, de paseo e a Arbo e agora Pascuala dorme na súa bulsa esperando a mañá para volver ao cole e o Leo na súa cama cunha tose e unha voz rouca que non o deixou desfrutar ao cen por cento de Pascuala. Aínda así non deixou de inventar historias mentres debuxaba aos habitantes de Fondo de Bikini: Bob Esponxa, Patricio, Calamardo, señor Cangrexo, Plankton e Perla. E aínda tivo imaxinación para inventar a árbore " paspallón " que empeza coas follas amarelas e marróns e cando cambian a verdes cain.
Imaxinación ao poder !.
Etiquetas: leo VII
11 comentarios:
Qué boa esta iniciativa da escola. Por un lado teño ganas de vivir estas experiencias con Laura pero por outro penso ¡qué non medre tan rápido, por favor!
A Laura tamén lle gusta Bob Esponxa, pero de momento creo que pola cor e pola música do comenzo.
Bicos para Leo que está moi guapo.
Esta jhuapo o Leiño, sí señor!.
Gustame moito eso da arbore "paspallón". Se é solo del, vai para filósofo.
Apertas
Incrible a imaxinación dos nenos..como se nos olvidan esas cousas.
Bicos!
Muito interessante estas iniciativas. O Leo está lindo. E grande... A minha neta também está muito crescidinha. Começou agura a descobrir as palavras, não se cala. Fala, Fala, metade das coisas não entendo, quando fala muito depressa parece um chinezita. Mas claro ela ainda não tem 2 anos.
Um abraço e tudo de bom para vós.
Non sei quen de volos dous disfrutaría máis coa rá pascuala...
Parece unha actividade estimulante o de levar a ra e contar as cousas e todo iso.
Eu se fora ó cole do Leo estaría desexando levar a rá.
Tiveron sorte coa ra Pascuala, que non era de verdade; á señorita Kaplan tocoulle unha vez traer a tartaruga Manchitas, que estaba viva e habitaba unha caixa con auga.
Foi xenial a saída do Leo o outro día, cando chegamos a tomarlle algo a un bar e comezamos a xuntar cadeiras para nos sentar. E nesto, o neno, que non se esquecía nin un segundo da súa compañeira, dixo: "falta unha para Pascuala". E alí a puxo, sentadiña á mesa.
Iso son atencións, e non outras.
unha foto encantadora.
bicos para os dous.
E que lle contaría a ra Pascuala ós outros nenos sobre a súa finde co Leo?
P.D. O rapás está ben guapo!
Sí que é boa iniciativa, si. Xa me fago idea do ledo que estivo o Leo coa rá.
Apertas
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio