Cincuenta e catro meses ( e dous días )
Luitando contra Morfeo puiden acercarme ao ordenador e postear isto.
Na foto está Leo cun dos seus xoguetes favoritos: un pau. Este da foto era grande e xogaba a ser un pastor. Cun pauciño pequeno escribe números e letras e fai camiños nos parques infantís mentres outros nenos brincan dun aparello a outro. O Leo divírtese coa imaxinación e inventando historias con calquera cousa ou falando como o faría unha profe. Segue fascinado polas letras e números e enreda co eles.
De cada vez fala millor os dous idiomas e vai corrixindo a súa pronuncia infantil e simpática e, por exemplo, desaparecen as " gomimolas " ( por gominolas ). Conta ben pero despóis do dezaseis só sabe en galego e aínda di " nesitar " por necesitar.
Leva uns días cunha " plasti " para corrixirlle unha deda dun pé que quedaba debaixo doutra e vai corrixindo a posición rapidamente.
Está contento coa pronta chegada da irmanciña ( a mediados de xuño ) e di que lle vai ensinar todo o que sabe e a conducir tamén.
Hoxe foi todo contento para cama porque mañá ten unha excursión e preguntoume se eu ía de excursión no traballo. O que me fai lembrar que teño que volver para cama.
Etiquetas: leo VII
9 comentarios:
Comenza a poñer en anos,que eu non son de mates,jeje
Está feito un homeciño, pensar o tempo que sigo a evolución deste neno, faime sentir velha,jejee
Bicos
Menos mal que avisas que vai de pastor, eu xa pensaba que ia as lampreas coa fisga.
Vai feito un bon mozo.
Apertas.
Si, vai sendo hora de que poñas anos en lugar de meses. Está lindísimo. ;)
Ir para cama con todas esas sensacións nos beizos é unha marabilla... Un soño!!!
Uma linda foto!
... e Junho é um mês bonito para chegar a irmãzinha!
Parabéns para ti e toda a família.
Está feito un mozo moi espabilado. Seguro que disfrutará moito da súa irmá (aínda que ó primeiro xurdirán ciumes seguramente).
Apertas
O Leo xa está feito un mozo!, pouco a pouco vai deixando atrás ese mundo das primeiras descubertas a través dos pais e adentrándose no mundo propio; pero despois coa cativiña asistirás de novo a toda a creatividade desplegada dun modo asombroso.
o tempo pasa, os fillos van medrando ata que un día... voan do niño.
biquiños,
Biquiños pra o Leo, está feito un bo mozo.
Saúdos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio