leoeosseus

mércores, 9 de marzo de 2011

Entruiando


Na miña etapa norteamericana non puiden disfrazarme cando coincidían estas datas naquel país tan pouco festeiro así que me propuxen dende aquela disfrazarme sempre que puidese anque fose unha hora. Este ano fun de super heroi vingador o sábado pola tarde e de bruxa o domingo e aínda acañei coa vasoura a unha veciña de Arbo. Non foi muito pero é algo.
O Leo foi de Pinocho, Bob Esponxa, gato e pallazo e desfrutou máis ca o ano pasado.
A ver que tal é o ano que vén.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 10/03/11, 08:45 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Pois abofé que estabas ben favorecido!

Alégrome que disfrutarades. Merece a pena pasar un bo rato vestíndose para saír correr o Entroido, coma manda a tradición.

Un saúdo.

 
Ás 10/03/11, 17:33 , Blogger Dilaida dixo...

Pois estás moi favorecido.
Bicos

 
Ás 10/03/11, 22:00 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Non lles fagas caso. Estás moi feo; pero como o obxectivo era pasalo ben...

Apertas meigas

 
Ás 11/03/11, 11:58 , Anonymous peke dixo...

Estás... radiante. ;)

 
Ás 11/03/11, 21:11 , Blogger matrioska_verde dixo...

Tes bó humor. Biquiños,

 
Ás 11/03/11, 23:38 , Blogger mfc dixo...

Mas.... tás lindo!!!
Ehehehehehe... Bon entruido...!

 
Ás 13/03/11, 12:54 , Blogger Paz Zeltia dixo...

4 días sin ver este post!
co que me rin!

:-)

tamén quixera ter visto ó leo...

valeu a pena a morriña dende alá, se che fixo collerlle esta querencia á tradición.
Eu non me disfracei, xa hai algúns anos que non o fago,
pèro en compensación fun ver un atranque dos xenerais da ulla, que nunca fora.

 
Ás 15/03/11, 20:36 , Blogger Angel Utrera dixo...

Din por ahi que cando un escolle un disfraz o subconsciente nos xoga unha mala pasada.....Ti veras.

 
Ás 21/03/11, 14:37 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ei, paideleo!
vai todo ben?
non adoitas tardar tanto en actualizar!
que sexa porque estás disfrutando co Leo da primavera...

 
Ás 27/03/11, 22:52 , Blogger xenevra dixo...

A miña sobriña, que está en Wichita, convenceu á peña para disfrazáranse alí.
Pola contra eu nunca fun moito de disfraces ;)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio