Sunday, April 17, 2011

Arde o pazo

Onte acerqueime ata Mos onde celebraban os veciños a terceira edición de " Arde o pazo ": unha festa onde recrean a chegada das tropas napoleónicas á zona en abril de 1809. O día estaba espléndido para a festa e había xente vestida de campesiños da época, de marqueses e de franceses. Tamén había mercadillo e postos de artesanía e gastronomía. O Leo asustouse un chisco cos tiros e estaba o fotógrafo omnipresente.

5 comentarios:

mfc said...

Estas reconstituições históricas são sempre momentos bons para ensinarmos aos filhos a nossa História.

xenevra said...

Non sabía eu desta festa!! Para o ano que vén espero enteirarme e poder achegarme ata alí.

Chousa da Alcandra said...

Dende logo mira ti ata onde chegaron os gabachos...Eu tampouco sabía dela.

Apertas

zeltia said...

Todo o que sexa festas e celebracións paréceme ben!
calquera cousa é bo motivo para compartir e celebrar.

Raposo said...

Pois non sabía eu desa festa e mira que me pilla cerca!