Camioneiro última xeración
Non deixo de abraiar coa personalidade da xente e así coñezo máis a fundo a un camioneiro " last generation ". Gústalle a informática e a interrede e le nun ebook mentres espera para descargar o camión. Como é camioneiro ten unha pegata da virxe de Fátima que é unha virxe viaxeira, seica e, de mistura; pon na viseira do seu camión o nome da Virxe en código de barras !.
Está visto que novas tecnoloxías, xuventude e vellas crenzas non teñen por que ir desparelladas.
Se queres pasar calquera texto a código de barras podes facelo nesta ligazón.
Etiquetas: interrede VI, personaxes II
5 comentarios:
Moitas grazas por contar isto. Paréceme curioso e gústame enterarme destas cousas.
As mesturas -de todo tipo- dan sempre situacións interesantes!
Por agora non teño pensado facelo, pero grazas por o enlace, nunca se sabe.
Bicos
Protegidíssimo!!!
Bárbaro!
Ante isto que se quiten os malos hábitos dos camioneiros de antes con fotos de mulleres espidas na cabina...
Ti sempre ensinando cousas interesantes.
A min tamén me gustou tal camioneiro.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio