leoeosseus

xoves, 28 de abril de 2011

Cincuenta e cinco meses ( e un día )



Aí o está cunha das súas rotinas adquiridas. Cando imos de paseo polo río ten que levar unha viseira ( sempre temos que pedirlle unha ao tío Nan ), un pau para defender as ovellas do lobo e os petos cheos pero ben cheos de pedriñas da vía do tren. Logo clasifica a todo o grupo que o acompaña en rei, raíña, príncipe, guía, etc. ou ponnos nomes dos pingüíns de Madagascar.

Agora xa non ten un amigo imaxinario; ten tres !. Son o imperecedeiro Jónistan e máis os novos Finogordo e Llaques.

No cole segue ben e cos mesmos amigos e un día estaba desgustado porque Noé nin Álex quixeron o conto que lles ofrecía e o Leo non quería ir á biblioteca municipal porque ningún dos seus amigos vai.

Anque cada vez está máis activo e rebelde aínda se entretén ben só e coas súas historias inventadas e así o outro día pasou esta anécdota. Iamos ir a Portugal un par de horas e preguntámoslle se quería vir conosco ou quedar cos avós. El dixo: - Non vou. Cando veñas cóntasme que tal o pasache.

E que siga a conta !.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 28/04/11, 07:33 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Si, que siga a conta, que non hai cousa máis gratificante ca ver medrar as crianzas absorbendo o mundo.
Logo cando son grandes, xa é outra cousa!

Un saúdo.

 
Ás 28/04/11, 09:13 , Blogger Dilaida dixo...

Leo está cada día máis fermoso.
Bicos

 
Ás 28/04/11, 11:32 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

hahaha Pois iso, á volta cóntaslle!! é que son a monda eh? :D

Un biquiño :*

 
Ás 28/04/11, 15:48 , Blogger Paz Zeltia dixo...

iso de clasificar ás persoas que están con eles fano moitos nenos,
é coma se precisaran deixar patente o lugar que ocupa cada un,
situarse tamén no seu propio lugar.

moita personalidade, viches?, vaite tí e logo contasmo, je

... e tí tamén tiveches de rapás un amigo imaxinario? (eu coido que non)

 
Ás 29/04/11, 11:19 , Anonymous Anónimo dixo...

A sta Kaplan facía cousas parecidas. Na casa un dos cuartos de baño era de homes e outro de mulleres (porque un é o que uso eu e outro o dela, de xeito que as visitas tiñan que ir a un ou outro segundo o seu sexo).
Ela tiña tamén compañeiros imaxinarios, en concreto unha irmá máis nova (Ana).
E tamén collía pedras, algunha conservámola aínda no nacemento.
Felicidades a el e a todos polo cumpremés.

 
Ás 29/04/11, 22:09 , Blogger mfc dixo...

O pequeno está um verdadeiro herói!!
E que lhe contaste da nossa (tua) terra?!

 
Ás 30/04/11, 12:41 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Desenvolvendo a súa propia persoalidade. Pouco falta para os 5 anos!

 
Ás 03/05/11, 12:41 , Blogger An dixo...

Fantástico. Alédome de que o Leo sexa tan activo. A nosa cativa esta agora na súa etapa "chibata" o outro día caeu no parque co avó e xa no lo contou...Avó pumba nena...Si parece tarzán falando pero abonda para entendela XD Saúdos meu,a ver si un día paro por a túa terra

 
Ás 10/05/11, 21:14 , Blogger matrioska_verde dixo...

E moio listo o Leo, ¿para qué vai querer ir con vos? , cos avós seguro que o pasa mellor. Biquiños,

 
Ás 09/06/11, 13:21 , Anonymous Online Auctions dixo...

If You Want To Sell Or Buying Anything You Should Checkout Our Top Of The Line Auction For Your Buying And Selling Needs With A $25.00 Signup Bonus To The First 200 Members To Join Free Try Our Service Out Hurry And Join Today We Are Looking For Quality Products To Go On Our Auction Website
List Your Product On Our Auction Try It Out At http://www.hotbids.us Paypal Verified

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio