leoeosseus

luns, 25 de abril de 2011

John


O bo das vacacións é que se xunta a familia e achegados. Así estes días en Arbo houbo conversas en tres idiomas e muita leria. Un dos achegados é John, un home grande e simpático que proba de todo: dende lamprea a licor café. É tan simpático que se ofreceu de escravo de avóM por dous anos para aprender a facer viño ( e hoxe soubo o que é embotellar ) e por cinco anos de escravo de avoaM para aprender a cociñar. Estivo vivindo na India, centroamérica, China e muitos lugares dos Estados Unidos e conta anécdotas de todos os tipos.
A min impresionoume a que contou de Panamá. Estaba no exército e estaban de manobras na selva. Ían de noite sen ningunha luz, en silenzo e en fila india. El ía segundo coa búsola e notou un cheiro a menta ao redor. Foi abrir a boca para comentalo e caiulles enriba un niño de formigas asasinas que os obrigou a fuxir todos trabados. Despóis de varias duchas e mudas de roupa aínda aparecían formigas doce horas despóis.
Impresionoume muito a historia e lembroume a marabunta de cando a mirei na tele sendo un neno.
A ver cando toca máis reunións de clan !.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 25/04/11, 23:21 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

O bo das vacacións é que hai vacacións!. Se por riba temos anécdotas tan intensas como as de John xa manda carallo.

Apertas

 
Ás 26/04/11, 10:31 , Blogger xenevra dixo...

Estas si son unhas boas vacacións. navegar as historias propias e as alleas, saboreándoas devagariño.
Que envexa!!

 
Ás 26/04/11, 11:13 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Cando estou con algunha persoa desas que leva vida aventureira, contrastando coa miña tan buscando o seguro, fico admirada e penso que o mundo sería un lugar mellor se todos fosemos tan curiosos e ávidos de vivir en vez de dar polo cú.

cuando ruge la marabunta tamén a min me gustara, e despois lembro vela co meu fillo duns 8 ou 10 anos no sofá, e que a el tamén lle gustara (que ó principio non a quería ver porque era "antigua" e non salía Chochenaguer)

 
Ás 26/04/11, 15:08 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Cando haxa invitados coma John, aproveita-o. As boas istórias nunca sobran.
As vacacións, deberian ser todo o ano. Así os xerifaltes da Telefónica non terian a quen depedir. .....

 
Ás 26/04/11, 18:45 , Anonymous Anónimo dixo...

Con personaxes como John... quen necesita a Charlton Heston?
Que idea iso de se ofrecer de escravo a cambio de aprender a facer viño ou a cociñas!
Sen dúbida, todo un carácter.

 
Ás 26/04/11, 19:54 , Blogger mfc dixo...

O melhor das festas são sempre as conversas!

 
Ás 27/04/11, 18:42 , Blogger matrioska_verde dixo...

O das hormigas non é estrano que che impactara, que medo. Biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio