Friday, April 8, 2011

Para querelo


É feliz cando corre e cando lle len. Fedella nos mandos dos radiadores. Aprende a contar anos nos aneis dos troncos das árbores. Canta no coche o Waka Waka ou Mamacabra. E fai muitas máis cousas.

Non me extraña que cando lle pregunta a nai que soñou pola noite el responda: - " Nada. Non tuven tempo ".

Para querelo.

6 comentarios:

Dilaida said...

E tanto que é para querelo, está moi fermoso. Fíxome graza o de que non tivo tempo para soñar.
Bicos

Xabres da Teixeira said...

Creo que é certo eso de que non ten tempo para soñar. ¡Inda o fai de día!
Apertas

mfc said...

Aí está ele... bem em forma!

Kaplan said...

A señorita Kaplan tampouco paraba (nin para), aínda que xa se volveu máis quieta.
De pequena, se estaba a xogar e alguén chamaba por ela, dicía non podía ir, que estaba traballando.

A nena do paraugas said...

A verdade é que hai que querelo. Á forza. As crianzas fanse querer e Leo está impresionante.
Alégrome.

Un saúdo.

zeltia said...

E sí... para querelo, sí. Que maneira de aprender, cada segundo aprendendo, sentindo interpretando.
Parabéns por disfrutar del.