Día de homes colgados
De súpeto saímos da crise e abrochan cartos por todas partes. Amañan estradas, xorden parques infantís e papeleiras, levantan valados caídos, descobren monumentos a canteiros, cobren baixas da Xunta, etc, etc. En paredes, farolas e columnas sorrinos rostros amables con mensaxes de " Vilaguindastre quere ", " Para que Vilaguindastre gañe ", " En Vilaguindastre hai futuro ", " A alternativa para Vilaguindastre ", " Se queres, PODES ", etc. Unhas mensaxes que non din nada e que podes intercambiar de partido político que non muda nada.
E a todo isto o Leo solta: " Hoxe é o día dos homes colgados que miran para todas partes ".
Etiquetas: vilaguindastre III
10 comentarios:
Gustoume a definición do Leo. Homes colgados que prometen futuros (perfectos ou imperfectos xa os conxugará a realidade despois). Pero iso dos "monumentos a canteiros" chegoume moi fondo!! :-)
O monumento aos canteiros non está mal, polo menos como está agora. Porque durante o tempo que estivo semi-montado pero tapado cunha tea tiña (máis dun mes)podíase entrever unha estampa máis típica dun patio andaluz que dunha rotonda galega: xúrovos que había "un pozo de ladrilo caravista con su macetita de geranios encima" e ao lado unha vasilla de barro tamén con flores dentro. Meu Deus! era a cousa máis esperpéntica que levo visto. Menos mal que alguén debeu "recomendar" quitar eses elementos, probablemento o propio artista que fixo o monumento...
polo xeral os homes colgados andan a coidar dos seus negocios, aínda que o envolvan coa ideoloxía que queiran. Canto máis se coñece máis se desilusiona un.
O teu fillo é sabio. Preguntale a ver que le parece esto das elecións, e a quen le debmos votar, según o seu sabio critério.
Leo si que é un rapaz ben intelixente.
Bicos
Pois aqui é igualzinho!
E nós, burros, continuamos a alegê-los!!
Ai, que fartiño estou eu xa desta campaña (e o que nos resta!)
Moi agudo o apuntamento de Leo. Porque chegados estes eventos, semella que todo son "sorrisos" na caras que nos asexan cada día polas rúas e estradas, coma dicindo: "Ti verás o que fas!"
Un saúdo.
Non lle falta razón o cativo!!
jajaja, e non sabe o Leo aínda que colgados están!
[fartaríaste de rir cando llo escoitaches! -e menosmal que tes un blog para contalo, porque é para contalo-]
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio