Eurovisión 2011
Collín o costume de xogar a crítico musical do pataco con Eurovisión e este ano non ía ser menos.
Houbo muita calidade e gustáronme algunhas cousas como que Francia competise cunha canción en corso ( para cando as españas farán o mesmo e competirán con outra lingua distinta do castelán ? ) ou a artista da area que facía obras mentres cantaba a representante ucraína. O Leo flipou cos irlandeses, " dous que naceron ao mesmo tempo ". Tamén me gustou que dixese " moitas gracias " Lucía Pérez cando rematou a súa canción ou que Anne Igartiburu dixese " muito obrigado " aos votantes pola canción española dende Portugal.
Ala, creo que xa cumprín co Eurovisión 2011.
Etiquetas: curiosidades VII
5 comentarios:
Con todo o centralistas que son os franceses, a min tamén me sorprendeu que os representara unha canción en corso, que por certo, o mozo cantaba coma os anxos. Menuda voz!
Mágoa que á nosa paisana non lle deixaran cantar en galego; iso si, Lucía Pérez precisaba dunha mellor canción, que con esa trapallada non hai quen compita. Así e todo, ela defendeuna marabillosamente.
Outra vez será.
Non me gustou a gañadora, pero si de novo Alemaña, Austria e Suíza; e foi especialmente atrevida a canción roqueira-heavy de Georgia(xa postos a facer e críticos).
Quando veremos uma canção em galego?!
Há muitos anos o Serrat queria cantar em catalão (ainda no tempo do Franco) e foi impedido de o fazer!
Cando eu era rapaza nin dios se perdía o festival de eurovisión: era como cando xoga españa. E ao outro día ninguén falaba doutra cousa... Non sei se por me quedare ese pouso "patriótico da españa una grande y libre" que agora non me mola nada e non o vexo nunca; a pesares de que seguro que nada ten que ver co dos anos 60 e 70.
todos temos os nosos monstros no armario, non si?
Os franceses son mestres no marketing, porque si, mandan a Eurovisión unha canción en corso, pero a realidade das línguas minoritarias en Francia está a anos luz do que acadamos aquí. Segue a ser un Estado centralista que despreza a diferencia, iso si, sabe dar unha imaxe de tolerancia cara á galería.
Eu só reparei na actuación de Lucía Pérez. Estaba ceando nun restaurante no medio dun grupo numneroso. O televisor quedábame lonxe. Creo que como cantante, Lucía fixo un bo papel, outra cousa son as votacións. Non oín o "moitas gracias" pero paréceme máis ca un xesto. É unha reivindicación e unha afirmación da súa orixe.
Por certo, que bo mozo segue o Leo e gracia me fixo o dos "homes colgados".
Unha aperta para os "catro". A nena xa conta, ou aínda non?
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio