Saturday, May 21, 2011

VIII Festival de Cans

Mentres uns traballan na veigha.



Outros asisten a estreas. Blogueira incluida na escaleira.



Outros divirten e divírtense versionando " O tren " de Andrés Dobarro.




Outros mostran a súa faceta máis primitiva.




Hai famosos como Antón Reixa ou un Manolo Rivas que camiñaba lixeiro non sei cara a onde.




Tamén descubrín un chimpineiro que foi un antecesor no meu posto de traballo.




Cans é unha peregrinaxe de xente con gañas de divertirse e descubrir novas sensacións.


En definitiva: Cans non deixa indiferente e menos a un que foi aquel neno de trece anos que errou o camiño de volta nun xaneiro frío e maldurmiu nun penedo. Mentres, noutro punto do monte un can da Garda Civil buscaba sen éxito o rastro dun pixama para máis desesperación duns pais.

13 comentarios:

Xabres da Teixeira said...

Excelente reportaxe gráfico con bós pés de foto.

Perderse polos montes se non se coñecen ben é algo habitual, mais as distancias pola zona non so demasiado grandes.

O susto debeo de ser gordo ¿Nonsí?

Kaplan said...

O nome que ao mellor envergoñou durante séculos, agora revelouse unha vantaxe digna de envexa.

xenevra said...

Ir aló é un deses "soños" que sempre levo na maleta. Mas cando chega o momento sempre xorde algo que fai dicir "para o ano irei". Ás veces teño medo de que o ano non chegue. Mais para o próximo, irei!!

mfc said...

Gosto desta alegria de viver!

Chousa da Alcandra said...

O do paseo de chimpíns é unha idea caralluda. E que dicir das proxeccións en naves de bloques.

Vou votar, que xa é hora

Apertas

Dilaida said...

Vaia reportaxe ben documentada.
Bicos

rui said...

Ao festival de Cans no Porriño, vai de morto quen non foi de vivo!
Eu tampouco fun aínda, antes por estar fóra, agora por ter o finde ocupado... algún ano irei.

Concha López Fernández said...

Vese que hai animación e unha oferta tan ampla que é difícil escoller.
Boa reportaxe!

Un saúdo.

emereci said...

Ei! Eu a ti non te vin... como non avisaches?! Estaba tamén o Leo? Gho, que rabia :(

Aldabra said...

mágoa de non saber o de Cans antes, porque gustaríame ver o ambiente.

biquiños,

zeltia said...

Ese festival reune moitas das cousas que me gustan.
E eu aínda sin ir.

:-(

(nunca me entero)

Chousa da Alcandra said...

Re-paseando polo teu blogue decateime hoxe da similitude da primeira imaxe co post Estercar, que puxera na Chousa non fai moito.

Anonymous said...

Bos días amicus:
Vaya, cuántas subidas y escaladas hicimos al "Pianista"....Esa foto de esa gran roca....Eran otros tiempos por Tui,Vigo,Crecente,Arbo,Ponteareas,As Neves,Porriño,Redondela,Covelo,Avión,Barciademera,as gándaras, os penedos enormes, as rochas do Louro, do Tripes, a Picarana, O Budiño....
Deica logo amicus.