Cincuenta e sete meses ( e dous días )
E aí o está co regalo que " recibiu " da nai o outro día. Mentres estivo a nai e Xela no hospital, o Leo tivo que repartirse coa tía Kasege e o tío Nan e a avoaE e avóP e portouse ben. Muitas gracias a estes cuidadores de primeira, por suposto.
Onte deille a Leo a nova de que iamos buscar a Xela e a Naideleo e foi de admirar como abriu os ollos de contento. Díxenlle que iamos os catro á casa e preguntou que a que casa e díxenlle: " Á nosa que agora somos unha familia de catro ". E volveu abrir os ollos como pratos e puxo un sorriso que lle cabía o mundo. Pobriño. Seguro que na súa cabeciña rondaba a idea de que o iamos deixar noutra casa sen nós.
E mui ben, esta noite foi a primeira na casa dos catro xuntos e portáronse ben os dous e o Leo volveuse aledar cando saimos por primeira vez de paseo os catro xuntos.
Dende logo, a pesar das arroutadas que lle dá ás veces, Leo é un santiño.
Etiquetas: leo VII
5 comentarios:
Muitas felicidades para os agora quatro ...
Um grande abraço
e puxo un sorriso que lle cabía o mundo
que vou dicir despois desta frase...
un momento importantísimo tamén para o Leo.
E parece que "prueba superada"
Noraboa para a happy family
Noraboa.
Bicos
Non che cabe a ledicia no peito, é normal. Catro. Agora sodes catro. Corazóns.
Biquiños,
Feliz aniversario ao Leo.
Cando algún día lea este blog sen dúbida conmoverase coa súa reacción ao saber que na casa desde agora serán catro, que a familia, enfín, non sería familia sen el.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio