leoeosseus

martes, 7 de xuño de 2011

Destremando



Mentres non nace a nena seguimos coa mesma rotina e o domingo fomos a Arbo. O avóM quería mostrarnos o patacal do Reghengo e alá fomos coa bisavoa Celia que saiu da casa despóis de muitos días pachucha e gozou destremando as patacas.

Chámalle destremar a distinguir as castes de patacas pola forma das follas, o tamaño e as flores.

Na foto de arriba está xunto a patacas Kennebec ( a bisavoa Celia chámalle Quenia ).



Na foto do medio está Leo con patacas Desirée que son roxas e boas para fritir.
Este ano están grandes porque botaron esterco de burra en canto de esterco de coello.




A min gustáronme as Jaerla ( gherla en Arbo ) que son temperás e mui boas para guisar e que este ano saíron pequenas pola pouca auga que houbo pero duriñas, sustanciosas e sans coma nunca. A bisavoa riu pensando en que antes se lle daba aos porcos estas patacas cando saían así de pequenas.

Etiquetas: ,

5 comentarios:

Ás 07/06/11, 23:21 , Blogger mfc dixo...

hummm... o que eu dava para poder comer umas batatas assim!

 
Ás 08/06/11, 00:32 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Oes!, desde que me fixen horticultor,(cousas da vellez)levo polo menos un ano tentando atopar unhas patatas para a semente que son roxas por fóra e moi boas para cocer e fritir, creo que le chaman rapontiac, non estou seguro da grafia. Para a próxima tempada teño que ir por ahí a ver se as atopo.
Por certo o Leo, coido que este ano xa será qué de arrincalas.

 
Ás 08/06/11, 13:17 , Blogger Paz Zeltia dixo...

non sabía de todas esas castes de patacas!, pero claro, se as hai de mazás, van ser as patacas menos?

que ben que o leo poida ter ese contacto co campo [xenerador de patacas], pero sobre todo coa bisavoa... [a foto da cima é para porlle un marco!]

 
Ás 09/06/11, 20:52 , Blogger Raposo dixo...

Estás feito todo un entendido pataqueiro, eh!!

 
Ás 10/06/11, 16:33 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Vaia plantío de patacas! E que boa pinta teñen! Se a sorte é boa, haberá patacas a fartar.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio