Saturday, June 4, 2011

The final countdown




Empezou xuño coas formigas aladas e as anduriñas voando os ceos. En Vilaguindastre florecen concertos e inchables e o fotógrafo omnipresente está alí. Dúas rapazas falan de dietas mentres comen sen problemas dúas pizzas medianas e un litro de cocacola. No traballo loce unha foto de Ait Ben Haddou para relembrarme canto me falta por visitar no mundo. E a canción " The final countdown " está presente nestes últimos días de espera pola nena.

Unha curiosidade: no minuto 3:03 cantan en galego e din " Meu pai non canta ".

7 comentarios:

zeltia said...

pois é verdade: meu pai non canta!
recordáchesme ese programa de radio que facían isto con moitas cancións, e saían verdadeiros disparates divertidísimos.

respecto da foto... aínda non é dos sitios que máis lonxe quedan!.-
(manteñamos a ilusión)

Chousa da Alcandra said...

Dulce espera na que estades. A nena chega para moi boa época. Axiña poderedes paseala por Vilaguindastre no seu carruaxe.

[Enseñeille a meu pai o minuto 3,03 de "The final countdown" e díxome: E logo para que lle dis a todo o mundo que eu non canto. Qué lles importa se canto ou asubío!]

Xabres da Teixeira said...

Estou dacordo co pai de Chousa.
Mias eu tamén asubio. Mal pero moito.

mfc said...

Os miúdos adoran estas coisas... e os graúdos também!!

escornaboiss said...

Alédome que lle gustasen as suposicións.
Noraboa polo da nena, ¿haberá outro blogue que leve o seu nome cando saia da panciña?
Un saúdo.

Peke said...

Que? Como vai o choio? Xa naceu a meniña? Como se chama? Como se atopa a nai? Como vos atopades os demais?
Bicos. :)

Eva G. Rei said...

Xenial o de "meu pai non canta"!
Voute nomear "Especialista en linguas", porque sempre andas a fixarte nesas cousas.
Avisa cando chegue a meniña.