leoeosseus

venres, 24 de xuño de 2011

Habemus nena !!!


Mentres o cheiro do fume e o ruido dos foguetes da noite máxica do san Xoán entraba polas fiestras do hospital, dentro ocorría o marabilloso milagre do nacemento de Xela.



Naceu ás tres menos vinte da madrugada e pesou 2,860 quilos.
Esta nena tranquiliña e xeitosiña deixounos a todos felices e aliviados.
Agora trátase de cuidar a familia que iso é o primeiriño neste mundo.

Etiquetas:

25 comentarios:

Ás 24/06/11, 19:53 , Anonymous opaco dixo...

un milleiro de parabéns :)

 
Ás 24/06/11, 19:53 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Fumata branca en Casadeleo con esta magnífica floriña a que chegou por San Xoán.
Benvida Xela. Un bico de Antas para ela e todos os parabéns para vos os tres

 
Ás 24/06/11, 19:57 , Anonymous Mr Tichborne dixo...

Parabéns!! Que riquiña!

 
Ás 24/06/11, 21:01 , Anonymous iolanda dixo...

Parabéns os tres!!
dunha seguidora do seu blog, veciña dun pobo o lado de Vilaguindastre.

 
Ás 24/06/11, 21:03 , Blogger Antón de Muros dixo...

Parabéns!

Tes unha familia ideal :-)

Unha aperta dende o inverno.

Antón.

 
Ás 24/06/11, 21:16 , Anonymous Mario dixo...

Moitos parabéns, é un pracer ver como vai aumentando a tribo :-)

 
Ás 24/06/11, 21:59 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

ohhhhhhhhhhhhhh e non é a cousa máis bonitiña de Vilaguindastre?

Muitos, muitos parabéns P. alédome tanto que xa a teñades no coliño...

Un biquiño enorme!!
m*

 
Ás 24/06/11, 23:27 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Carballo! que cousa mais fermosa, co seu gorriño.
Espero que todo vaia ben.
Espero que o Leo no teña ciumes.
Espero,(carajo que vello vou) que a nai dos dous nenos, teña os mimos que as parideiras queren.
E ti, paideleo, non comas as galiñas que os veciños te leven, farante mais vello.
¡Un feixe de apertas para os catro, e que sexa verdade eso de que os nenos cando nacen traen un pan debaixo do brazo.
Perdón polo alargo.

 
Ás 25/06/11, 11:24 , Blogger pablo gonzalez dixo...

Noraboa, compañeiro. Nunca un San Xoan trouxo nada tan bo. Un bico moi grande para todos e en especial para a nai

 
Ás 25/06/11, 17:52 , Blogger Dilaida dixo...

Noraboa, é unha nena moi fermosa, parécese a Leo.
Bicos para todos.

 
Ás 26/06/11, 00:29 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Parabéns para os tres, pero en especial para Naideleo, que ha de recibir tamén unha libra de chocolate para acompañar ese regaliño que trouxo o SanXoán.
Cóidaos moito e cóidate ti tamén.
Xa me tarda collela no colo!

 
Ás 26/06/11, 09:57 , Blogger X dixo...

Hai que ver que boa noite para nacer escolleu Xela, apertas e parabéns para toda a familia dende a Selva.

 
Ás 26/06/11, 18:44 , Blogger mfc dixo...

Um grande abraço aos papás...
Acertei que nasceria no fim de semana!!
Iupiiiii....
mais uma vez os meus parabéns... é linda!

 
Ás 26/06/11, 19:14 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Parabéns para esa familia que tes e que acaba de medrar. Bicos porsuposto para a mamá que ben o merece e para o Leo que ha estar algo raro .

 
Ás 27/06/11, 16:38 , Anonymous Anónimo dixo...

Que teña toda a sorte do mundo e algunha máis. Sinto non terllo desexado antes, por problemas técnicos, pero aínda vale enviarlle a sorte a ela e os parabéns aos pais por tanta beleza e tanta ternura xuntas.
Creo que todos consideramos a Xiana afillada do blogomillo.

 
Ás 27/06/11, 16:44 , Anonymous Anónimo dixo...

Acabo de quedar fatal: nonn sei por que se me meteu na cabeza que era outro o nome de Xela, cando é tan bonito e sonoro.
As miñas desculpas, a Xela cando lea isto no futuro, e agora aos seus pais.

 
Ás 27/06/11, 21:25 , Blogger ValdoLouro dixo...

Noraboa aos catro

 
Ás 28/06/11, 00:11 , Blogger Os Tartarouchos dixo...

Oh! Parabéns familia! Xa sodes un(ha) máis :))))
Que cousa lindiña a vosa Xela, gozade co cambio de rutinas, coas vacacións e co verán con esta ledicia na casa.
Un biquiño para a mamá, o papá, o irmán grande e a pequena

 
Ás 28/06/11, 07:42 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Non puido buscar mellor noite para chegar a meniña Xela!
Parabéns! E moitos bicos para a mamá e para Leo!

 
Ás 28/06/11, 09:50 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

A nena é preciosa, moitas felicidades para todos en especial para Leo que xa ten á súa irmá Xela (por certo, un nome moi bonito). Un abrazo moi grande para Ana unha nai moi valente e para ti Pedro desexarche moita saúde e sorte, xa tes unha familia máis grande e hai que seguir a loita diaria. Agora o blog ten moza nova, será unha gozada seguir a estes dous irmáns.
Bicos para todos.

 
Ás 28/06/11, 11:42 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Noraboa!
non dou creto ó milagro do nacemento,
sempre me deixa abraiada, perplexa, reconfortada dalgún xeito, reconciliada coa Vida. a Vida Eterna. E non me refiro á que nos recomenda ou amenaza a santa igrexa católicaapostólicayromana.

¿sabes que ese día pero de hai trinta anos esperaba eu o nacemento do meu fillo? pero retrasouse ate o 27. Onte. Houbo celebración. 30 é unha cifra redondo. E díxome: Te quiero mamá, como siempre te voy a querer.

Muchas felicidades, esa personita linda y pequeñita, cuanta ternura...

 
Ás 28/06/11, 15:57 , Blogger busto.agolada dixo...

Chego algo a destempo pero con toda a ledicia para vos felicitar por tan estupenda nova. Moitas apertas para os catro.

 
Ás 28/06/11, 17:07 , Blogger Merce dixo...

Noraboa!!! Estades a vivir unhos momentos intensos, cheos de ledicia! :)

Esa pequena tan ben feitiña ha de recolmar a casa de moitas mais risas e intres maravillosos.

Benvida Xela, leva un biquiño dende Ourense para ti e para a tua familia cheo de saude e felicidade.

 
Ás 29/06/11, 13:36 , Blogger matrioska_verde dixo...

noraboa a todos e moitos biquiños pequechos para Xela...

que cousiña mais bonita son os meniños pequenos.

Aldabra,

 
Ás 05/07/11, 14:51 , Blogger Alís dixo...

Noraboa a toda a familia por esta fermosa nena!!
Pronto chegarán as miñas (sí, dúas) e espero que sexan tan tranquiliñas como parece Xela.

Bicos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio