Saturday, August 6, 2011

Gharghallos



Ultimamente desaparecen medios informativos en galego e iso supón un retroceso no camiño do galego. A nós quédanos o traballo de manter o pouco ou muito que temos e así hoxe vou incorporar para a interrede unha palabra pouco usada que son " gharghallos ".

Onte un saco de papel " tropezou " co meu ollo e deixoumo así como sae na foto. Lembrei o que di avóM cando ten un ollo dorido. El di que é como ter " gharghallos " que veñen a ser virutas e semella unha dor expresiva e intensa. Afortunadamente non é o meu caso e o luns estarei practicamente recuperado e volverei medio esquecer a palabra " gharghallo ".

7 comentarios:

A nena do paraugas said...

Quen emprega o galego como lingua habitual é raro que esqueza unha palabra redescuberta, sobre todo cando a persoa que a fai presente no vocabulario é alguén coma o avó ou a avoa...
E por certo, é lamentable que desaparezan os poucos medios de comunicación escritos en galego!

Chousa da Alcandra said...

O peche do Xornal (en papel) deixa a prensa en galego sin presenza nos quioscos. Concordo contigo en que agora tócanos ás persoas galegofalantes seguir mantendo viva a lingua, xusto como lograron facer os nosos avós que contaban incluso con menos ferramentas ca nos.
Que che mellore ese ollo. Apertas

mfc said...

E não de esqueças desses malditos... Gharghallos...!!!

Eva G. Rei said...

Que mellore o ollo, e nós a seguir pulando pola lingua, que a falta de medios temos todos nós máis responsabilidade na transmisión.

rui said...

Coincidencia, eu tamén tiven un ollo rubio a semana pasada, comprei solución salina e unhas gafas de sol para curalo. Estou agora na Córcega co traballo e aquí si que fai un sol de carallo.
Un saúdo

Peke said...

Que mellore ese ollo!

zeltia said...

Espero que xa esteas moito mellor dese ollo.

a palabra gharghallo non me soa estraña, pero non sabía o seu significado.