Friday, August 12, 2011

Perségueme a mala sorte



Nunha rúa de Vilaguindastre pódese atopar unha pintada como esta onde eu non atopo nin pés nin cabeza nin falla que fai vindo de onde parece que vén. Unha pintada así nunca é cousa boa, máis claro auga.

Por sorte, xusto enfronte hai unha empresa cultural chamada Xerpo que é un adxectivo que significa " vivo, con inxenio, predestinado para facer o que fai ". Unha empresa así é cousa boa e necesaria.

Para desempatar o empate entre cousas boas e cousas malas que hai nesta rúa hoxe escordei un pé. Agora está inchado e non sei como evolucionará.

Está claro que a mala sorte ultimamente vai atrás miña.

7 comentarios:

zeltia said...

non, non, a mala sorte non existe, simplemente o azar, desordenado. Se agora mismo miras a cantidade de boa sorte que tés... verás que esa que chamas mala, se dilúe, espantarala!

:-)

Moitos bicos e mellorías

X said...

Iso é que a pequecha quere que pares máis onda ela ;)

Eva G. Rei said...

Xa verás como non ha ser nada; só tes que repousar un pouquiño a carón da Xela e verás como cura a escordadura.
Moito me amolan as pintadas estúpidas, e sobre todo enriba de paredes recén pintadas!!!
Que país!

Concha López Fernández said...

Mira a Xela e a Leo. Iso compensa calquera imprevisto.

peke said...

A coidarse, meu.

KoKoro de Irene said...

Que o do pé non sexa nada! Grazas polo comentario sobre Xerpo Cultural, cando quieras pasar por alí... Tes as portas abertas. Un saúdo!

paideleo said...

Vaiche boa !. Aghora de vello, ghaiteiro.
Non,graciñas: o Teatro existe porque eu non actúo.