leoeosseus

domingo, 14 de agosto de 2011

Volta á normalidade


A inchazón do pé non foi a máis e na farmacia onde merquei a pomada tocoume un podómetro de agasallo.
No traballo teño esta quincena que entra de mañá que é case como estar de vacacións coas tardes libres para desfrutar da familia.
A Xela logrei fotografala sorrindo. Xa leva bastantes días que sabe facer o sorriso social pero non a daba pillado. Xela pórtase bastante ben anque leva algo mal o das viaxes en coche que se lle dá por chorar.
E de Leo, que máis se pode contar ?; quere á súa irmanciña ( de feito, quérea de novia ), pórtase bastante ben e cando se aburre da tele acende " a súa " e monta historias con monecos e xoguetes.
Creo que son feliz.





Etiquetas: ,

12 comentarios:

Ás 14/08/11, 08:08 , Blogger Dilaida dixo...

Aos nenos só lles fai falta que os queiran para ser felices, e sen dúbida eles teñen quen nos quere, por iso son felices.
Xela está feita unha mociña.
Bicos

 
Ás 14/08/11, 11:08 , Blogger Cuspedepita dixo...

Estás de sorte, logo.
Seguramente cando pasen o tempo mirarás atrás e saberás con certeza que estes foron os mellores anos da túa vida.

 
Ás 14/08/11, 11:10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Da gusto creelo. É a única premisa necesaria para que sexa así.
E xa lle irás explicando ó Leo que ti non podes ser sogro do teu propio fillo, raio!
Apertas.
(O do podómetro coa pomada para o pe inchado xa ten coña!)

 
Ás 14/08/11, 14:36 , Blogger Peke dixo...

Pois goza da túa felicidade e da túa familia.
O sorriso de Xela semella algo dubitativo, quizais a cámara non lle gusta moito. ;)

 
Ás 17/08/11, 02:26 , Blogger Paz Zeltia dixo...

"Creo que son feliz"
eu despois de ler ese remate non quero falar nin da sonrisa maravillosa de xela nin do homiño leo.
non, non, esa frase brila como neón.

 
Ás 17/08/11, 11:53 , Anonymous Anónimo dixo...

Claro que é feliz, todos o son nesa casa.
(Estou con Zeltia, esa frase brilla coma un faro!)

 
Ás 17/08/11, 14:25 , Blogger Concha L. F. dixo...

A verdadeira felicidade redúcese ao sorriso das crianzas. É ben sinxelo.
Parabéns!

 
Ás 19/08/11, 17:37 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que maravilha o primeiro sorriso da filhota.
Pode-se ver que é um homem abençoado, pela família que tem. Que sejam muito felizes.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 19/08/11, 17:50 , Anonymous Mar e Lúa dixo...

A frase de "Creo que son feliz" non é de de dúbida, é de confirmación... ¿E como non o has ser con dous cativos coma os que tes en casa? Emocionoume que a queira coma moza, ¡como son estes pequenos! ¡Disfruta deles agora que tes tempo polas tardes! :D
Alégrome que o pé vaia ben.

 
Ás 22/08/11, 11:58 , Blogger Mer dixo...

Tanto tempo estiven sen bloggear que non me enterara do de Xela. Parabéns moi atrasadiñas.

P.P. Encántame o nome.

 
Ás 23/08/11, 10:24 , Anonymous Acuática dixo...

Grandes motivos para seres feliz!

 
Ás 03/09/11, 10:36 , Blogger pitima dixo...

Ti tamén tes a parella!!!
Aínda que con moito atraso, os meus parabens para esa preciosa boneca que xa sorrí.
Que bonito é o sorriso dos bebés.
Din que é unha das ferramentas necesarias para sobrevivir nun mundo hostil. Cando amañece así nas súas facianas é imposible non sentir ternura e instinto maternal que nos empurre a protexelos o, alomenos, a non facerlles mal ningún...
Un bico!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio