leoeosseus

sábado, 24 de setembro de 2011

Terceiro mes



A xoubiña vai medrando a quilo por mes e sen muitos problemas. Aguanta ben a cabeza e ri e conta " contiños " mentres bota burbullas pola boca. O outro día deu media volta sobre o seu corpo por primeira vez e cando está debruzada quere agatañar. Leva bastante ben os gases e as viaxes en coche e protesta máis cando quere durmir que cando quere comer pero tampouco é tan grave.

E que siga así !.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 24/09/11, 17:49 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

!guapisima!

 
Ás 24/09/11, 19:50 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Está moi bonita. Non a comades!!!

 
Ás 24/09/11, 20:05 , Blogger mfc dixo...

Ora bem... e se continuar assim está tudo muito bem!

 
Ás 24/09/11, 20:32 , Anonymous Anónimo dixo...

Que preciosidade!

 
Ás 24/09/11, 20:38 , Blogger Peke dixo...

Alédome de que leve ben os gases; eu padezo deles desde a súa idade e (horror) oxalá a meniña non teña eses problemas no futuro. Está moi linda e, se se cría sa, é o mellor regalo do ceo.

 
Ás 25/09/11, 02:01 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Que feituca é... e mesmo parece que vai falar nesa foto.
Onte perdémonos... Mágoa.

 
Ás 25/09/11, 07:07 , Blogger Concha L. F. dixo...

Toda unha moza, si señor! Unha moza moi alegre!

 
Ás 26/09/11, 21:03 , Anonymous Tati Mancebo dixo...

Que dous fillos tan lindos tes. Parabéns enormes!!!! Ai, que arepío me dá o axiña que pasa o tempo ;)
Bks grandes para toda a familia.

 
Ás 27/09/11, 09:25 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que Deus a abençoe que está linda.
Um abraço

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio