leoeosseus

Saturday, 29 October 2011

Calacús e pitufos


Onte celebraron o Samaín-Halloween no cole do Leo e el di que o pasou mui ben. Foi disfrazado de fantasma e levou o calacú da foto. Había un concurso no cole e houbo muitos calacús mui traballados e artísticos.
Xa hoxe tocou sesión de cine cos Pitufos e Leo aguantou toda a película. Tamén hai que dicir que a película está mui ben feita e é entretida.

Labels: ,

8 Comments:

At 30/10/2011, 10:27 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Chámame a atención como se foi facendo sitio esta leria do Halloween. Cando eu era neno nunca soupen do tal Samaín nin dos calacús con lucería dentro.
En todo caso, se os nenos o disfrutan...wellcome sexa!

 
At 30/10/2011, 20:11 , Blogger Dilaida said...

Alégrome que Leo o pasara ben disfrazado, o seu calacú é moi fermoso.
Parece que se está a recuperar o Samaín, despois de estar esquecido tiveron os americanos que lembrarnos que esa festa que eles chaman Halloween era unha festa nosa, dos pobos celtas.
Bicos

 
At 30/10/2011, 23:51 , Blogger mfc said...

Os miúdos deliram com estas brincadeiras!
Imagino a alegria dele!

 
At 31/10/2011, 07:04 , Blogger Concha L. F. said...

Quedou moi ben, abofé que si. No meu cole tamén había calacús ben graciosos. Alégrome de que Leo o pasase ben. Ao final é o que importa. Pasalo ben!

 
At 31/10/2011, 20:36 , Blogger elvira carvalho said...

O Leo já é um homenzinho, por isso não tem medo. Em Portugal nunca houve a tradição do Hallowene. Mas de há uns anos a esta parte tem-se tentado implantar como uma tradição, mais por imposição do comércio que assim faz algum dinheiro.
Em compensação acabaram ( ou quase) com a tradição bem portuguesa das crianças pedirem o "pão por Deus" no dia 1 de Novembro. Porque esta não implicava compra de máscaras e outras coisas, logo não era rentável para o comércio.
Um abraço

 
At 01/11/2011, 09:21 , Blogger Kaplan said...

A señorita Kaplan tamén é unha entusiasta do Samaín e andaba frenética coas calacús e outras cousas de medo (ao parecer as aceitunas son bos sucedáneos dos ollos de vampiro, e sabe como facer arañeiras con papel hixiénico). Como Chousa, de cativo tampouco eu coñecín nada parecido ao Samaín, así que por moito celtismo que se lle atribúa eu sigo sendo escéptico.

 
At 01/11/2011, 13:22 , Blogger Peke said...

Eu comecei a oír falar do Samaín hai uns anos, poucos, e deducín que querían facerlle a competencia á festa ianqui. Non sei que éxito tivo, pero dáme que na sociedade civil, fóra dos coles, ninguén lle concede importancia.

 
At 02/11/2011, 14:53 , Blogger zeltia said...

parece que TI o pasaches moi ben coa peli dos pitufos...!

;-I

a cabaciña moi traballada, si,
pero non hai coma unha boa crema de cabaza.

eu apúntome a revirar as tradicións iankis que nos invaden sí ou sí, e se hai que retomar samaín, pois veña. calquera cousa é boa para facer celebracións coa xente que queres.

(e a mocedade o que quere e disfrazarse e montar bulla, tanto lle tén)

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home