leoeosseus

Monday, 17 October 2011

Culpabilidade




Levan máis dun mes coa mesma rotina anque cada día son menos xente. Chegan ás seis da mañá dos días laborables e extenden un cartaz diante da fábrica que di " Xefes Islas especuladores ". A esa hora son catro ou cinco persoas e despóis das nove da mañá cando recollen serán unhas quince. Non cortan o tráfico nin berran nin molestan. Están aí para facérense ver e máis nada.


O outro día pasei por eles co bocadillo cara o meu coche para ir ao traballo e mirei para eles. Normalmente están de leria entre eles e nin se decatan da miña presenza pero ese día un quedou ollando para min e o meu bocadillo. Eu non puiden aguantar a súa ollada e mirei para o chan. Entroume como unha mistura de vergonza e culpabilidade por ter eu un posto de traballo e eles non que me bateu no corazón.

Labels:

7 Comments:

At 18/10/2011, 00:14 , Blogger Dilaida said...

Non me estraña é para sentirse culpable, aínda que ti non teñas culpa da súa situación.
Bicos

 
At 18/10/2011, 10:46 , Anonymous Eva G. Rei said...

Oxalá sentiran tamén esa culpabilidade os que teñen poder para cambiar as cousas e non o fan. A nós só nos queda solidarizarnos e axudar no que poidamos.
Bonito post.

 
At 18/10/2011, 18:57 , Blogger Peke said...

Ti non podes sentir culpabilidade por iso!

 
At 19/10/2011, 13:59 , Blogger zeltia said...

non, non, non, parruliño!
se tí te estiveras lucrando á conta deles,
se ti estiveses vivindo das rendas que outros che deixaron despois de amasar as fortunas á conta deles, dos seus pais e avós... normal que sentises remorsos,
pero non é o caso, verdade?
[en todo caso o que tí quererás e que eles tamén poidan saír da súa casa co bocadillo cara o choio]

 
At 20/10/2011, 01:19 , Blogger mfc said...

Compreendo-te...
E cada vez vamos ver mais situações destas!
Que mundo este?!
Que governantes temos?!
Quem andamos a eleger?!

 
At 22/10/2011, 01:34 , Blogger elvira carvalho said...

Infelizmente são cada dia mais os que perderam o seu ganha pão.
Um abraço e bom fim de semana

 
At 23/10/2011, 14:38 , Blogger Mer said...

Pois non te sintas culpable, que os culpables non se sinten mal, non imos deixar que aínda por riba nos fagan ter remordimentos ás víctimas.

¿ Cómo te sentirías si estiveses no paro e non tiveses para darlle nin sopa aos teus fillos? Hoxe en día temos que aprender a loitar por sobrevivir co que nos deixan. Sen culpabilidades e sen temores, miremos para adiante e apoiemos aos demais no que podamos, pero sen quedar nós atrás.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home