11-11-11
E como cada san Martiño ampliei a colección de pións de Leo e iniciei este ano a de Xela.
Foi un día normal. Pola tarde, despóis da sesta de Xela, baixamos ao parque de Vilaguindastre. As pombas xa se recolleran e non comeron pupias de galleta. Iso si, andaban soltan tres porcas en forma de nenaschupimegafriends que deixan no chan o lixo en forma de botellas de refresco e bolsa de chuminadas. Supoño que estarán adestrando para o botellón. Nós fomos ao parque e, mentres eu probaba un pión, Leo fixo rir a Xela xogando no bambán e no tobogán. Logo tocou a merenda dos nenos nunha cafetería e un paseo polo centro de Vilaguindastre onde había unha feira de artesanía e libros. Leo entrou nunha librería e escolleu un de Bob Esponxa e eu non puiden resistir a tentación do último libro de Manuel Rivas. Xa despóis tocou recollida para casa que a noite cai rápida.
E así foi o 11 de 11 de 11, sen nada máxico nin esotérico como aquel 7 do 7 do 77 que un inglés apostou polo cabalo 7 na carreira 7 pensando facerse millonario e, claro, pasou o que tiña que pasar: o cabalo quedou sétimo !.
Etiquetas: curiosidades VIII, etnografia V, familia III
9 comentarios:
Claro que foi un día normal; tanto, que en Ithaca nin foi festivo. Veremos dentro de un século.
Para vosas mercedes, sería un día normal,mais para min non. Tocoume a loteria e non xogaba, a dos cegos quero decir, que tampouco.
Tamén findou o mundo, nese sí xogo.
Bueno que os amigos Leo e Xela fagan fungar ben os pions. Supoño que serán de buxo rotundifolio.
Apertas a todos os que nos tocou nada, na loteria.
Claro que foi un día especial! O 11 do 11 do 11 cumpríronse seis anos en que ao meu amigo Nino lle transplantaron o corazón.
Oh... tantas vezes joguei ao pião!!
A princípio lançava-o com o bico para baixo (à menina), mas depois já o conseguia lançar de cima para baixo... acertando nos piões dos outros amigos!
Eram outros tempos!
son días preciosos os que non pasa "nada" (eso aprendémolo cando nos pasa "algo")
un lindo día familiar, con libros, con xogos, con merenda...
e con anécdota, esa do cabalo.
eu, pese a ser onte, nin lembro que fixen. (supoño que tamén un día no que non pasa nada)
Para min un día normal e como era festivo en Ourense pasei a mañá enrestrando cebolas que aínda as tiña sen limpar e xa estaban comezando a podrecer.
Dentro dun século ao mellor lembro que é un día especial e que hai que celebrar doutra maneira.
Fixeches unha boa elección mercando o libro de Rivas, a min gustoume, claro que a min gústame todo o que escribe.
Bicos
Algún día, se queres, botamos trompos ó camiño, que eu ainda me lembro.
En Ourense foi un 11 do 11 coma calquera outro. As rúas baleiras nunha mañá chuviñenta e arume de fogata pola tarde, desde que escampou.
unha tarde apacíbel e normal, das de toda a vida, das que deixan ese sabor de tranquilidade feliz.
encantábame bailar as peonzas, e eso que cando eu era pequena non estaba moi de moda que as nenas as bailáramos.
tamén gustábame moito xogas os "bolinches" [canicas], aínda conservo uns cantos de recordo.
biquiños.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio