leoeosseus

venres, 4 de novembro de 2011

Lola do Mehari



Lola do Mehari tiña unha tenda de bairro e un Mehari como o da foto. Era unha muller que se movía para traballar e era mui faladeira. Pero, aparte, tiña un poder máxico que che vou contar.

Cando eu ía de rapaz co meu irmán tíoNesi facer unha encarga á tenda, a Lola atendíanos lixeira. Logo facía a conta nun papel cun boli e, nese momento, facía uso do seu poder máxico. Ela ficaba toda queda, aguantando o boli e miraba para nós a través das gafas, facía un segundo de silencio e soltaba no seu español para falar con rapaces as súas palabras máxicas que eran: " - ¿ Más nada ? ". E durante uns segundos ela era unha estatua, nós tamén, o mundo freaba e detíñase o tempo. Tal como che digo. Todo volvía andar cando rompiamos o feitizo e nós respondiamos no noso español.: " - Nada más ".

Verídico. Se non o cres, pregúntallo ao tíoNesi.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 04/11/11, 10:33 , Blogger Dilaida dixo...

Só hai que cambiar o adverbio de cantidade de lugar para que vos entendades, cousas da tradución simultánea.
Bicos

 
Ás 04/11/11, 12:27 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Foi ler o teu post e vírseme a mente a Sra. Lilá, aquela tenda de ultramarinos (non había supermercados) e a Sra. Lilá iba apuntando nun papel enriba do mostrador e che facía a conta case tan rápido como a caixeira do Gadis, ai, que tempos!

 
Ás 04/11/11, 15:48 , Blogger mfc dixo...

Ao tempopo que não via um Mehari...

Pois, essas recordações fazem-nos sempore sorrir!

 
Ás 04/11/11, 17:11 , Blogger Raposo dixo...

Créote, créote!!

 
Ás 05/11/11, 11:50 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Fixécheme lembrar a alguén moi especial para a familia Chousa, que tamén facía as contas "de cabeza".

Apertas de Antas

 
Ás 06/11/11, 08:54 , Blogger Concha L. F. dixo...

Isto lembroume ao meu avó Antonio quen, cada domingo, sentaba diante dun enorme libro de contas no que ía anotando o pan que cada familia mercaba ao longo da semana. Colocaba o lapis no primeiro número daquela enorme suma e, cun rápido movemento descendente, anotaba ao final da ringleira o total... Iso si que era sumar de cabeza!

 
Ás 07/11/11, 19:06 , Anonymous Anónimo dixo...

A intención é o que conta, que ben o sabía vde.!

 
Ás 10/11/11, 00:55 , Blogger Paz Zeltia dixo...

gústame tanto o conto que merecería ser certo.

 
Ás 10/11/11, 08:20 , Blogger matrioska_verde dixo...

eu tamén recordo as contas no papel de envolver da tenda.

é tamén recordo eses coches, un amigo de aqueles tempos tiña un como o da foto... eran moi bonitos, parecían de plástico do lixeiros que semellaban.

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio