leoeosseus

mércores, 9 de novembro de 2011

Para gustos


Hai gustos para todo e mentres hai algunha blogueira á que semella non chistarlle esta imaxe, hai outras como Aldabra que estará leda de ampliar a súa colección de sereas co esta xogando á billarda ou pincha, como dicimos por Vilaguindastre.
Anque deporte, deporte, eu inclínome máis polo fútbol gaélico.
E, rematando por hoxe, na interrede podemos atopar de todo para inspirarnos ou pasar o rato e non quero deixar atrás a canción que descubrín no blogo de Brétemas uns días atrás e da que tamén falou Chousa.




A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Etiquetas: ,

13 comentarios:

Ás 09/11/11, 23:52 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

A música e a letra, xeniais; a imaxe aínda mellor. E a implicación de alumnado e profesorado para nota.
Con actividades así o galego non morrería nunca.
Eu xa o compartira tamén no facebook.

 
Ás 10/11/11, 01:02 , Blogger Paz Zeltia dixo...

gústame que ande por aí o video este, por todas partes, meréceo!

 
Ás 10/11/11, 06:47 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Respecto da serea que xoga á billarda, pois xenial. Vese que a tal blogueira, a pesar de parecer que posúe unha enorme cultura, esta limítase a por en tea de xuízo a quen, por nacenza, crianza e convición, cremos que outra forma de enfocar o galego en Galiza é posible. Pero alá ela. Non sabe o que se perde. E non vou dicir máis nada, pois non quero entrar en radicalismos inútiles.

O video de Cea xa o coñecía e está perfecto.

Parabéns pola entrada.

 
Ás 10/11/11, 08:18 , Blogger matrioska_verde dixo...

¡¡e como non había de gustarme!!

é fantástica... non tiña ningunha así tipo cómic.

motísimas gracias por acordarte de mín.

biquiños,

 
Ás 10/11/11, 09:14 , Blogger Dilaida dixo...

O vídeo é moi bo e está a ter moito éxito. Unha boa iniciativa.
Seguro que a Aldabra lle vai gustar a serea.
Bicos

 
Ás 10/11/11, 14:43 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Ia moito tempo que non quedaba tan contente despois de oir algo.
Noraboa ós rapaces e a quen os cordinou nese colexio de CEE.
Noraboa a tí por deixarnos ésta pérola.
Unha aperta, e viva a billarda.

 
Ás 10/11/11, 14:46 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Rectifico:CEA X CEE.

 
Ás 10/11/11, 16:52 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Vin este vídeo no blogo de chousa e encantoume, espléndido traballo dos mestres, para que logo digan que non traballan, poque detrás deses minutos de vídeo hai horas e horas de traballo cos rapaces e sin eles, que a xente pensa que os mestres só traballan as horas que están cos nenos.
Saúdos

 
Ás 10/11/11, 19:54 , Blogger Peke dixo...

O problema da blogueira e de moitos comentaristas, creo eu, é, no primeiro caso, o radicalismo ideoloxizado e no segundo, un descoñecemento da situación real de Galicia e da súa política lingüística. As linguasa serven para comunicarse, esa é a súa función; usalas coma armas políticas é un erro, ao meu ver, porque desvirtúa por completo o seu valor que é, nin máis nin menos que favorecer a comunicación. Tampouco é tan difícil de entender, non?

 
Ás 10/11/11, 20:02 , Anonymous Mr Tichborne dixo...

Agj, Paideleo, por que, por que? Co feliz que vivía eu sen saber que a interfecta Glory Lake tiña un blog e vas ti e o ligas.
Que elementa. Ata a billarda lle molesta. Que diarrea cerebral.
A canción, xenial.

 
Ás 10/11/11, 21:55 , Blogger mfc dixo...

Um vídeo que é uma óptima iniciativa... e linda!

 
Ás 11/11/11, 12:44 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Non entrara no blog de Gloria Lago na outra vez... fíxeno agora e que de mala hostia me puxo!

eu xoguei á estornela (billarda)e gustábame moitísimo.

 
Ás 15/11/11, 09:15 , Anonymous Mr Tichborne dixo...

"Interfecta" significa tanto "de quen se está a falar, a referida" como "persoa falecida violentamente". Ata agora, ignoraba o segundo significado!
Podes tirarlle a sílaba "-ter-" e así evitamos confusións.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio