Pepa, a abella
Esta semana estivo algo complicada para bloguear pero non quero deixar atrás a fin de semana pasada que tivemos por aquí.
O ano pasado tocoulle levar a Leo á ra Pascuala do cole para a súa casa e este ano foi o turno de Pepa, a abella.
Leo estaba contentísimo e o sábado levamos a Pepa ao centro de Vilaguindastre onde sae retratada con Leo e a estatua de Antonio Palacios, toda unha celebridade de Vilaguindastre.
O domingo Pepa foi votar con toda a familia e logo tocou xantar e magosto no monte. Leo buscou a mesa no merendeiro e rechazou unha cunha pintada dunha caveira porque dicía que era dos piratas.
Ese día pasámolo mui ben e estivemos ata que o sol marchou deixando ceos tan bonitos como o da foto.
Etiquetas: leo VIII
5 comentarios:
Leo está moi guapo e a Pepa tamén é ben feitiña e debeuna cuidar ben porque ten cara de satisfeita.
Bicos
Passeios assim todos gostamos!!
E aquela última foto do céu ficou lindíssima.
A abella Pepa seguro que o pasou moi ben. E Leo foi moi listo ó non ocupar a mesa dos piratas, porque iso traería consecuencias, sen dúbida.
Bicos
non me extraña que esté contento con Pepa porque ten unha cariña moi divertida, é moi bonita
non sabía nada de Palacios así que agora xa o coñezo [ata que non o esqueza], diseñou a Virxe da Rocha de Baiona, que a coñezo e me parece moi orixinal... teño fotos na casa nese lugar.
biquiños,
o tempo pasa tan a presa que este domingo do voto xa me parece que foi alá hai moito tempo...
leo está guapísimo, tan entusiasmado coa invitada especial
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio