Quinto mes
Hoxe a naipela fixo os cinco meses e tocoulle a súa primeira fruita en culler: plátano con zume de laranxa e na foto sae a cara que puxo. Metía para dentro pero botaba para fóra coa lingua. Non estaba mui convencida pero non protestou polo menos. Pensabamos que ía comer ben coa culler que a aceita ben cando lle damos a vitamina D pero non foi así. A ver se co tempo se acostuma á culler.
Polo resto vai ben. Dorme bastante ben de noite que só esperta unha vez. Polo día hai que cambiala de actividade que logo se aburre. Quere agatañar pero remata " nadando " no aire enriba do vulto do cueiro. É inquieta e quere coller e mirar todo. No cochiño quere sentarse e gústalle pasear. É mui rideira cando mira sorrisos na cara de calquera e dá berros de cando en vez. Gústalle ver a Leo ducharse ou cando xoga co ela. Estes días anda babexando e mete bastante as mans na boca e ponse rallante pero será cousa das enxivas.
Como a foto da primeira fruita non quedou ben poño outra onde se mira a Xela rindo como fai sempre.
Etiquetas: xela
12 comentarios:
a foto da culler coa froita quedou moi ben!, como que non! esa cara de "que me está pasando?"
:-)
cando a vida se nos complica tanto, costa traballo pensar que houbo un tempo en que os nosos progresos eran aprender a comer con culler!
;-)
Está moi fermosa e a culler xa se acostumará ao principio é normal que non lle guste. Parécese moito a Leo.
Bicos
A froita é unha sorpresa moi ben expresada pola súa mirada e que a imaxe recolle fielmente.
Por outra banda vese sa e fermosa, o mellor xoguete para o Leo e os pais.
Moitas apertas
¡Meu Deus que ollazos!
É preciosa, e iso pódese ver nas dúas fotos.
Coa culler, paciencia, que todo se andará
Bicos
A nena é ben bonitiña, e parécese moito ao Leo.
Está fermosa de verdade, e xa sabedes que a papiña de froita e á que máis lles costa acostumarse.
Saúdos e un biquiño para esa meniña e mais para o irmanciño Leo.
ó lerte recordo as miñas pelexas para darlle de comer a Senia (moi mal comedora de todo), teño un vídeo na casa onde se ve dándolle á cabeza dun lado o outro para esquivar a culler.
¡canta pacienciña hai que ter con eles!
está moi bonitiña, tés unha fermosa familia.
noraboa.
biquiños,.
Xa che dixeron de todo e con razón. Eses ollos...
Dentro de quince anos lembraredes o atranco da culler...e habedes rir!!
Que chispa na mirada ten.
Non vos apuredes. Deica pouco cómevos a todos e a todas con patacas. Ou con castañas.
E se non, mirade a Leo, que xa pouco lle falta.
Vaia axóuxere máis fermoso, que soa simplemente coa mirada!
coitada, que empezou cos dentes. Que fermosa está, e que alegre se ve na segunda foto. Na primeira, claro, está un pouco estresada pola novidade dese sabor que pronto lle vai gustar.
Muitos parabéns por estes lindos cinco mesitos!!
Está óptima... e linda!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio