leoeosseus

xoves, 1 de decembro de 2011

Rematou novembro




E foi un mes bastante tranquilo a pesar do pequeno terremoto que sentín na cama.


Como non todo vai ser inchables en Vilaguindastre tamén houbo un contacontos contando o conto de " Antón e o Apalpador ".



Falando de contacontos tivemos diante da casa políticos facendo campaña xusto un día antes dun accidente na estrada con xabaríns.





O magosto deixaba imaxes de colores de outono con música de gaita e pandeireta e unha rapaza que se atreveu a ler alí perto.




O Leo quere iniciarse na fotografía e só lle falta un pouco de pulso.




Xela segue espabilando. É de cu inquieto pero semella que lle van gustar os contos como ao resto da familia.



Agora temos un bingo na casa que vai dar bastante xogo no inverno que se aproxima anque Leo ten que aprender a perder. Como diría el: " Non te creocupes. O importante é partificar. "





Houbo maxia da man do mago Marco. Anque Leo quixo marchar pronto porque falaba muito o mago, seica.





E Leo desfrutou da súa primeira sesión disco nunha festa de aniversario con luces, fumes e versións modernas da lambada e outras músicas do momento.



Pasan os anos para todos e mentres el empeza a desfrutar da música a min na revisión médica do traballo a médica que fala con diminutivos díxome que tiña que usar lentes para ler.

Etiquetas: , ,

11 comentarios:

Ás 01/12/11, 19:12 , Blogger mfc dixo...

E lá vamos para Dezembro...!
É bonito ver as tuas fotos e imaginar o calor humano franco e sorridente que elas transmitem.

Um forte abraço.

 
Ás 01/12/11, 20:10 , Anonymous peke dixo...

Ai, amigo! Outras necesitamos quitar as lentes para ler. O que son as cousas!

 
Ás 01/12/11, 20:38 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Iso de necesitar lentes para ler non será problema de brazos? Porque se tes que afastar o que les, será que tes os brazos curtos...
Moi bo o resumo do mes.
Pero tes que corrixir o nome do mago: é Marco (e mandarme as túas fotos).
http://gl-es.facebook.com/MagoMarco
Tes que fichar no feisbuc...

 
Ás 02/12/11, 05:58 , Blogger Concha L. F. dixo...

O dos lentes éche cousa do paso do tempo.

Dis que foi un mes tranquilo, pero polo que se ve, cheíño de cousas novas. Alegra ver que Leo e Xela "comen" os contos e con eles van medrando.

Bicos.

 
Ás 02/12/11, 13:20 , Blogger matrioska_verde dixo...

encantoume ver a túa foto cos pequenos... ¡que imaxe tan familiar e entrañable!

biquiños e que disfutedes moito todos xuntos.

 
Ás 02/12/11, 13:21 , Blogger matrioska_verde dixo...

ah, e dos lentes... non fagas caso, vas estar moito mais interesante!

biquiños,

 
Ás 05/12/11, 19:58 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Xa tés unha familia case numerosa, e bonita. Eu sigo namorado dos ollos da Xela.
Polo dos ollos, teus, non te procupes, eles seguen as suas pautas, e non van pescudar ren.

 
Ás 06/12/11, 02:57 , Blogger Paz Zeltia dixo...

todo o post me pareceu entrañable.
tan cheo de pequenas cousas,
de grandes cousas para os pequenos. os teus pequenos.
que etapa tan bonita da vida estás a vivir...
[un bingo familiar enche a casa de ledicia, unha escapadiña para ver o mago]

noraboa por este mes de novembro inesquecible.

[o mes de novembro no que a doctora que fala con diminutivos che mandou usar gafas para a presbicia.]
gustoume moitísimo este post todo cheiño de fotos de vós.

 
Ás 06/12/11, 20:55 , Anonymous Anónimo dixo...

Pronto chegará o primeiro Nadal de Xela, co Leíño de anfitrión e guía. Que emoción!
Paciencia cos lentes: eu con miopía, astigmatismo e presbicia xa nin sei cando poñer ou quitar os lentes á hora de ler durante as clases.

 
Ás 08/12/11, 00:15 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

A foto na que estás flanqueado polos dous rapaces é unha virguería!. Cando pase o tempo e a mires has sentir morriña do momento. Dígocho eu

 
Ás 13/12/11, 01:00 , Blogger torredebabel dixo...

Vaia por Dios! hai tempo que non viña de visita e atopei ao Leo enorme e coñecín a Xela!!! carai, teño que desandar os últimos meses, lendo para atrás e xa estou entusiasmada. Ola de novo!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio