leoeosseus

sábado, 24 de decembro de 2011

Sexto mes



Hoxe Xela fai os seis meses. É dona dun sorriso que asoma inmediato cando miran para ela e dun brillo de ollos marabilloso que non é doado topar outro igual. Dorme ben de noite e chupa teta toda inquieta, tirándose do pelo e patexando. A fruita non lle vai muito anque con pexego éntralle millor. Mantense ben sentada e quere coller todo o que mira diante e canto máis lonxe millor. Ten xenio porque se incomoda cando non alcanza algo. Agora empezan asomarlle as raíñas brancas dos sachiños de abaixo. Admira ao seu irmán Leo e gústalle ir a cabaliño del.

E así vai !.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 24/12/11, 20:37 , Blogger Peke dixo...

Que linda! E que ben que lle guste Leo!!!

 
Ás 25/12/11, 10:43 , Blogger Paz Zeltia dixo...

así vai, apuliñando pola vida arriba xa!
vese tan linda,
e ese brillar de ollos será pola dita.
que fermosa familia, paideleo
ler as vosas cousiñas sí que parfecde unha postal navideña.
inda que, eu, non quero saber nada do fantasma da navidade, podendo ser.

 
Ás 25/12/11, 13:18 , Blogger Dilaida dixo...

Xela está fermosa.
Bicos

 
Ás 26/12/11, 11:21 , Blogger matrioska_verde dixo...

está ben bonita... a mín paréceseme ó Leo... tés razón no dos ollos da Xela, parecen luces que alumean

biquiños e boas festas,

 
Ás 27/12/11, 23:26 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Dan ganas de comela...
Ao vela nesa foto lembrei unha letra dunha cantiga das que canto, que ten unha estrofa en castelán que di:
"En mi jardín hay una flor,
la más bonita, no tiene olor".
Que siga así da sa e feliz.
Bo Nadal para a familia e a ver se quedamos antes de rematar o ano.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio