
O venres fomos xantar ao fin do Morrazo, alá en Donón e a comida estivo mui ben e houbo agasallos do Papa Noel que deixou en Marín e Madrid. Entrounos polo ollo probar unha empanada de navallas pero levamos a desilusión de que levaba tamén chourizo.
Despóis eu e máis Leo desfrutamos do concerto de Mamacabra.

O primeiro día do ano foi triste porque atropellaron a Colín e alá foi na súa derradeira viaxe este canciño que nos deu tan bos momentos.

Quero lembralo nos seus millores momentos cando era novo.
Gozaba xogando coa neve ou coa area.

Non gardaba respeito nin pola igrexa máis pequena dos Estados Unidos.

Desfrutaba cos balóns ou con luvas de látex inchadas.

Tiña curiosidade por seres descoñecidos como tartarugas e osos negros de verdade. Deste último contacto non teño foto que eu estaba a fuxir.
A súa morte deixou tristura en toda a familia.
Etiquetas: colin, curiosidades VIII
12 comentarios:
Síntoo moito.
Bicos
Unha mágoa...
Aínda me lembro da primeira vez que o vin con Ma-To, do cambio de donos, e de como se "aliviaba" cos coxíns...
Apertas.
Mamacabra, un acertazo!!! O das navallas con chourizo... como experimento, non sei; pero...
Colín deixou moitas alegrías que axudarán agora a levar mellor o momento da tristeza.
unha aperta
Lamento o de Colin. Os cans chégasele a coller un verdadeiro afecto. Nuca esixen nada e dan-no todo. A miña Canaria está apiques de morrer, claro que é por vella e a causa de un infarto.
Apertas.
Era bonito, Colín. Canta compaña fan! Mais, a pesar da ausencia, quedan os recordos.
Algúns cambiamos o Morrazo polo interior para as vacacións, mais Donón ben merece unhas vacacións, un acerto.
Síntocho ben. Pobriño Colin.
Qué mágoa.
Bicos e unha aperta de ánimo
Oh, vaia, que triste a morte dun canciño da familia. que é da familia, xa o di a frase. é un da familia que se vai.
eses seres tan marabillosos que sempre se alegran con nós.
tes un bo enfoque: lembralo nos tempos en que foi feliz e bos fixo felices.
seguroq ue haberá outro que veña ocupar un sitio parecido, nunca o del, pero sí para darlle aos nenos as mesmas alegrías.
Acompanho-te nessa tristeza enorme!
A micas morreu-me a 19 de Julho depois de quase 17 anos de cumplicidade!
Um grande abraço.
Ao ver a foto da caixa lembrei que era o cadeliño que tiñan nos USA. Síntollo moito.
Canto o sinto, de verdade, triste perda da que tardaredes un pouquiño en recuperarvos.
Pero seguro que alomenos, Colín foi feliz coa vida que lle déchedes.
Non podo creer (ben, o creo porque me pareces un home de palabra) que alguén fixera unha empanada de navallas e chourizo... ¡non pode ser!, eu tamén levaría unha desilusión.
esta semana escoitei unha entrevista na radio a Mamacabra que actuaban o outro día na Coruña e acordeime de ti, porque foi no teu blog, donde lín sobre o grupo, por primeira vez... alégrome que o pasarades ben.
biquiños,
A morte de um companheiro de tantos anos sempre nos deixa muito tristes.
Deixo um abraço.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio