Sétimo mes
Aquí está Xela nun momento tranquilo. É raro que estea quieta: quere coller todo e luita por levantarse de todos os lugares. Só está tranquila cando mira debuxos animados ou o Cantajuego na tele. O resto do tempo está activa ata tomando teta. Segue cos dous sachiños de abaixo e quere rillar todo canto colle. Mantense ben sentada e ata se desplaza coas pernas dobradas e agarra todo ben. Toca palmiñas e ata hai veces que di abur coas mans. Gústanlle as cóxegas no pescozo e que lle canten. Come ben a verdura e coa fruita pouco a pouco vai entrando polo aro. Hoxe comeu por primeira vez pólo e non lle chistou, anque tamén pode ser polo porro ( de comer, está claro ).
E a nena vai medrando.
Etiquetas: xela
8 comentarios:
Pois eu teño un Manolo que ten tamén sete meses (naceu o 16/06)!! O daquí xa comeu polo e carne e pareceulle ben, o mesmo que as verduras e os fideos. Penso que vai ser dificil atopar algo que non lle guste!! ;-)
E moi simpático tamén! Ri moito e, ainda que é cedo para falar, decatouse de que se grita, os outros miran para el. Enton...
Moito medran nestes meses, non si?
Bicos para a princesa da familia!!
Xela está moi guapa e feita unha mociña e non debe comer tan mal que se ve moi fermosa.
Bicos
Está moi linda e ten uns ollos moi expresivos.
Dá gusto vela con esa cariña de rosa.
Se vira o da comida un que ti ben sabes, xa che ía explicar el porque non come o puré de polo...
Que siga igual de sá e feliz.
ai, a min tamén me gustan as cóxegas no pescozo e que me canten...! :-)
se fora eu tan linda, con esa cariña, seguro que había pelexas para facermas, jajaja
está moi linda, moi linda, moi grande, todo é coma un milagre.
E que linda que está!!
Estás um papá orgulhoso e com razão!
Supoño Paideleoexela, que desde agora teraste plantexado romper o molde. ¡Meu Deus!.
sete meses xa... e sigue tendo esos ollazos que falan por sí soos.
biquiños,
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio