leoeosseus

mércores, 28 de marzo de 2012

29 de marzo



Un simple obreiro ten poucas oportunidades reais de facer historia e unha delas é facendo manifestacións e folga xunto cos demais. Sabemos que esta folga de pouco ha valer pero teremos a conciencia tranquila por facer o correcto. Porque o que temos hoxe non é regalo dos empresarios ou do estado; é gañancia dos traballadores que luitaron polo que temos. Non están os tempos para arriscar o posto de traballo pero tamén hai que saber dicir " Non " cando é non.
A imaxe collina da rede e tiña outra data. O texto di: " Estamos en folga xeral. Facer folga axúdache seriamente a ti e aos que te arrodean ".

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 29/03/12, 01:17 , Blogger Paz Zeltia dixo...

eu penso nos que loitaron no pasado, os que perderon os seus postos, incluso a súa vida.
pero non por agora mesmo, agora mesmo penso que non vai valer de nada, creo que a situación excédenos a nós e aos nosos gobernantes.
este mundo xa non é aquel no que loitaron, todo cambiou e ananche os lobos no medio dos cordeiros confundíndose as pelaxes.
estouche triste. non por min, inda que vexa a miña xubilación ameazada, e tantos outros deeitos que teño... estou triste polo mundo que legamos.

 
Ás 29/03/12, 14:56 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Eu penso que, se o mundo traballador se une, somos a maioría abasoluta e cada vez mais absoluta, unidos digo, poderiamos revirar as tendencias, e mellorar a vida de todos.
Pasa que somom humanos, unha casta ésta que e moi perfectible, e que adoita mirarse demasiado a ombigueira.
Todo o que está a pasar actualmente xa o predixo Galbraith, a principios do século pasado. Ninguén fixo caso, dos que o leron, e os que o debian ler non o fixeron, por unha cousa ou outra.
Perdón pola diatriba.
Apertas

 
Ás 29/03/12, 18:08 , Blogger matrioska_verde dixo...

sinto coma ti, e como Zeltia, e como moitos mais... porque somos moitos os que queremos ser oìdos...

pero tamèn estou triste por todos os dereitos que estamos perdendo, eses que outros gañaron coa su vida.

biquiños,

 
Ás 30/03/12, 01:22 , Blogger mfc dixo...

É assim mesmo... vamos em frente!!

 
Ás 30/03/12, 08:40 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Concordo contigo, e malia o que digan que se os sindicatos móvense só polo seu propio interese ou patatín e patatán, eu estou orgullosa de ter ido tamén á folga.
Polo menos non calar cando mexan por nós!

 
Ás 31/03/12, 01:27 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Sim senhor, concordo totalmente.

Um bico forte, forte, "hasta la victoria, siempre" ;)
m*

 
Ás 01/04/12, 20:01 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Amigo está tudo bem convosco? Ouvi nas noticias que anda um grande incêndio na Galiza. Bem sei que esta é muito grande e que provavelmente não será na sua zona, mas sempre ficamos preocupados.
Quanto à greve por cá também se fez há dias. Mas não dá em nada. O povo não está unido. São mais aqueles que estão contra do que os que estão a favor.
Um abraço e tudo de bom para vós

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio