leoeosseus

domingo, 25 de marzo de 2012

Kommunikation ist Alles


Esta fin de semana tocou cambio de hora cos seus trastornos engadidos cos horarios dos nenos, as comidas e a hora de durmir. Tamén hai que buscar reloxios por toda a casa e no coche e menos mal que algúns cambian de hora por si sós.
Isto faime lembrar a historia que lle pasou a un compañeiro xubilado do choio. Un ano esqueceu adiantar a hora do reloxio e chegou tarde ao traballo. No ano seguinte lembrou de cambiar a hora e cambiou o espertador pero non llo dixo á muller. A muller sabía o despistado que era o home así que ela adiantou outra hora máis o reloxio que xa estaba posto na nova hora e non lle dixo nada ao home. Cando espertou o home foi ao traballo todo convencido de que ía na hora pero chegou e non había ninguén. Alá quedou el matinando sobre se sería festivo local ou algo así ata que de alí a unha hora foron aparecendo compañeiros que viñan na hora boa porque el chegara unha hora antes.
Por iso titulo eu este posteo coa frase: a comunicación é todo.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 26/03/12, 00:03 , Blogger mfc dixo...

Eheheheheh... já me fizeste rir!!

Olha... eu só gosto da hora de Verão!

 
Ás 26/03/12, 10:45 , Blogger matrioska_verde dixo...

pois eu fun das que olvidou cambiar todos os reloxos, menos mal que a miña parella é máis precavido é sempre pón o móvil, si non hoxe chegaría tarde a traballar.

biquiños,.

 
Ás 26/03/12, 14:43 , Blogger Paz Zeltia dixo...

que putada, mi brigada.

non teño reloxos na casa, así que sempre miro a hora no móbil e no ordenador.
e cando espertei onte tiña unha dúbida:

sabían o ordenador e o móbil que cambiara a hora?

pensaba se sería cedo de máis para chamar a alguén e preguntarlle que hora era jajaja

ao final confiei en que os aparellos estes intelixentes saben máis ca min, e efectivamente, xa fixeran soíños o seu traballo.
(inda así cheguei tarde hoxe, porque claro, o corpiño non che entende de convencionalismos)

 
Ás 28/03/12, 20:04 , Blogger xenevra dixo...

O dominfo ás 12 da noite decateime de que algo eatraño estaba a pasar nos horarios da casa. No xantar, cheguei tarde ao telexornal; e na cea, non cheguei tampouco. Xustificando todo co "tempus fugit" seguín a currar ata que me avisaron vía wasáp eses amigos que me queren e están en todo. :((

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio