leoeosseus

sábado, 17 de marzo de 2012

O Jolivú


Estes días pasados tivemos na empresa uns técnicos vidos de Zaragoza. Como trato de tirarlle parecido a todo quisque estes dous tíñanme un parecido razonable con actores. Un semellábame a Benny Hill pero máis novo, claro. O compañeiro lembrábame a Adriano Celentano pero cunha tatuaxe de Héroes no brazo.
E falando dese mundo dos artistas isto todo faime lembrar a un compañeiro que tiven na Citroen. Era un home que levaba sempre unha botella de medio litro de viño no peto da camisa, na hora do taco sempre traía comida fría da casa nunha tarteira e era bastante patoso traballando que se ensuciaba máis ca os novatos e así levaba unha capa de papel estilo superhéroe para non emporcarse de pintura. Tiña un falar serio e sempre botaba pestes á empresa. Acostumaba dicir: " Isto non é Jolivú que isto é a Sitroén, carallo ". De aí xurdiu a nomeada de Jolivú que lembrei estes días.

Etiquetas:

6 comentarios:

Ás 18/03/12, 21:48 , Blogger Paz Zeltia dixo...

que ocorrencias tes! iso de andar sempre quitandolle semellanzas á xente...!
mira que xa hai tempo que non vía a adriano celentano! (e que linda me parecía ornella mutti ou como se escriba)...!
gustame lerche estas cousas, fanme sorrir e sorpréndenme.
gústanme as sorpresiñas sen consecuencias :-)

 
Ás 18/03/12, 21:50 , Blogger Dilaida dixo...

Pois non lle faltaba razón, se traballaba en "sitroén" non traballaba en "jolivú", claro que non é o mesmo traballar que pensar que estás, e ao mellor, él tiña razóns para pensar que estaba no jolivú.
Bicos

 
Ás 18/03/12, 23:00 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Xa quixera Jolivú semellarse a Jalisia!!!
(Non se contenta o que no quere)
Apertas

 
Ás 18/03/12, 23:23 , Blogger mfc dixo...

Há coisas que não esquecemos e estas figuras típicas são umas delas!

 
Ás 19/03/12, 06:44 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Pois creo que este país non ten nadiña que envexar de Jolivú...

 
Ás 20/03/12, 11:22 , Blogger matrioska_verde dixo...

vaia dúo: Benny y Adriano.

teu compañeiro tiña o seu aquél ¿verdade?

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio