leoeosseus

luns, 19 de marzo de 2012

O señor das lampreas


Hoxe é o día do pai e non debín de ser mui malo que recibín uns agasallos marabillosos. O Leo deume un peixe-chaveiro cunha caixa de papel e unha careta e ademáis recibín unha entrada para ver Les Luthiers en directo.
O avóM gusta máis de celebrar os acontecementos cunha boa lampreada. Este ano tívoo bastante difícil que non chove e o río non leva auga e non se pescan apenas lampreas. Isto non sería obstáculo para o señor das lampreas; un home que xa se retirou e que adicou toda a súa vida á pesca no río Miño. Eu sei mui pouco del pero hai dous detalles que me quedaron na chencha.
Un é que coñecía tan ben o río, os seus remansos, os seus rápidos, os caveiros onde poñen os ovos as lampreas e todo; que a Guardia Civil chamábano sempre que desaparecía unha persoa no río que el sabía onde ía acabar flotando o cadáver.
O outro detalle era que dicía que o frío do río era bo para a fertilidade, que " peghan " ben os bichiños que ten o home. E debía de ser certo porque despois de pasar a noite no río entraba co frío no corpo na cama, arrimábase á muller e case sempre empreñaba que remataron tendo un feixe de fillos ao longo da vida.
Pois iso, feliz día do pai con lampreas ou sen elas !.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 19/03/12, 23:15 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Feliz día do pai, que ben merecido o tes. O da entrada de Les Luthiers é todo un regalazo; aínda me lembro cando os vin (xa hai máis de 20 anos) no antigo Teatro García Barbón. Rin tanto que me quedou magoa de non escoitar o que dicían mentres ría. E por riba son uns músicos e cantantes magníficos. Que máis se pode pedir!
No tocante ás lampreas, creo que como siga avanzando o cambio climático van acabar desaparecendo dos ríos galegos. O ano pasado comina, a ver este ano.

 
Ás 19/03/12, 23:36 , Blogger Paz Zeltia dixo...

felicidades por ser pai, polos agasallos que tiveches e por ser coñecedor desa historia que contaches, única, ou pronto o será.

Les Luthiers estiveron este finde aquí na Coruña. Encheron en todas as funcións, e seguindo a súa vella liña, siguen arrincando risas.

 
Ás 19/03/12, 23:36 , Blogger Dilaida dixo...

Como se nota que te portaches ben.
Feliz día do pai, bicos

 
Ás 20/03/12, 11:47 , Blogger matrioska_verde dixo...

si que fuche bó...para Les Luthiers nada menos...

¡¡que suertudo!!

biquiños,

 
Ás 20/03/12, 18:14 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Leo a túa entrada o dia 20. Xa non chego a tempo co día do pai, de todolos xeitos felicidades.
Eu quédome co da lamprea. Ainda que os galenos, din que teña coidado co colesterol, este bicho é unha debilidade. Inda existe a Mezquita?.
Apertas.

 
Ás 21/03/12, 03:13 , Blogger mfc dixo...

Ohhhh... como eu gosto de uma boa lampreiada!!
Hummmm...

 
Ás 25/03/12, 19:17 , Blogger xenevra dixo...

A primeira vez que comín a lamprea foi en Arbo. levounos meu pai e fixemos unha gran festa (iamos dende A Coruña!!)
En A praia dos afogados faise referencia aos mapas mariños da zona, os que fan os pescantíns non os estudosos de biblioteca. Cando fun a Panxón facer o roteiro aprendín un pouco máis de todo isto, aínda que nunca saberei como fan para contar as rochas ou as distancias ou...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio