Leo, o contista
Na imaxe está Leo mirando no cine " Lorax, en busca de la trúfula perdida ". A Leo gustoulle, e o que máis, o oso repoludo que quedaba atrás nas carreiras e arfaba cando había un pouco de movemento. E confeso que tamén me gustou a min a película pola acción, imaxinación, paisaxes e historia.
Mirámola onte e así o Leo se ergueu hoxe falando de que na terra de Jónistan ( o imperecedeiro alter ego e amigo invisible de Leo ) hai un lobo solitario e non hai abellas nin mosquitos pero si abellonas que non morden a todos senón que só pican aos malos.
Este conto ten algo da película pero a inspiración bebe de varias fontes e o lobo lémbrame o lobo Crispín que entrou na nosa casa en forma de libro onte mesmo tamén.
Está visto que outras cualidades non terá Leo pero a contista poucos lle gañan.
4 comentarios:
Eu pensei que Leo xa deixara atrás a ese amigo imaxinario, o meu neto esqueceuse del no momento que tivo outro irmán.
O mesmo acaba sendo un escritor famoso.
Bicos
É estimular-lhe essa veia inovadora de ser um contista!
As qualidades trabalham-se.
Um abraço.
Pois haberá que fomentarlle a creatividade e a combinación de palabras, pois este Leíño promete moito para a literatura.
Xela, preciosa. Hai que ver o que medran en pouco tempo!
Bicos.
canto maxina o teu Leo... ¿a ver si vai para escritor?
biquiños,
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio