leoeosseus

sábado, 30 de xuño de 2012

Xente nova



O outro día estivemos a falar no choio de xente nova con pouco sentido como aquel que cando chove pon neumáticos para chuvia na moto e non pensa no seguro e doado que sería reducir a velocidade. Ou como aqueloutro que tiña caídas e golpes con motos e coches e na empresa dixéronlle que como collese outra baixa chimpábano. E que fixo o tal iluminado ?: no último golpe foi traballar con colarín e os brazos escaiolados que parecía un robot traballando. Ao final ese chaval conseguiu o que quería e morreu na estrada.
A quen parece que non lle vai acontecer iso é a Lucas, un rapaz condutor da excavadora da foto de arriba que a pilota a grande velocidade e dá curvas e sobe e baixa con ela coma se fose unha moto. Digo que non lle vai pasar nada porque puxo de amuleto protector un Xesuscristo na parrilla do motor como se apreza na foto de abaixo.
Nada novo como se ve: unha imaxe digna da Galicia profunda.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 01/07/12, 11:06 , Blogger Paz Zeltia dixo...

eu pensaba que o que protexía dos accidentes era o santo cristovo

:)

deume moita pena do mozo do colarín que morreu na estrada...
penso nos pais: todos os anos criando nel, coidando os catarros, as lombrigas, preocupándose polos estudos, alegrándose cando a súa primeira moza... para despois morrer por facer o parvo.

 
Ás 01/07/12, 18:31 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Case estou por dicir que hai xentiña moi tarabela que pon en xogo o seu propio corpo e o dos demáis de forma moi gratuita.

O do cristo non ten desperdicio. Seguro que lle da máis potencia á excavadora!
Apertas

 
Ás 01/07/12, 22:03 , Blogger mfc dixo...

Está protegidíssimo!!

(Depois diz-me quando é o funeral!!)
Um abraço,

 
Ás 01/07/12, 22:04 , Blogger matrioska_verde dixo...

eu tamén penso que hai persoas que teñen os días contados porque van por aí pedindo morrer a gritos...

xa o dí o refrán:

"xente nova e leña verde, todo é fume"

biquiños,

 
Ás 01/07/12, 23:08 , Blogger Dilaida dixo...

Cando somos novos, algúns, non temos conciencia dos perigos nin do que pode provocar a nosa pouca cabeza.
Pois o rapaz puxo o Cristo en bo sitio, pero máis lle valerá que teña cabeciña, pois se o Cristo non foi quen de evitar quedarse sen man (vexo que xa lle falta unha) imaxinate o que lle pode importar que o rapaz se esnaquice.
Bicos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio