Avanzando
Os reis da casa avanzan ao seu ritmo. O Leo aprendeu a xogar ao parchís e á oca e tamén quere ter unha mascota na casa. Chegamos ao acordo de que será un peixiño.
Por outra banda, Xela vai a unha velocidade que non estamos acostumados e iso que apenas come sólido. Ela vai explorando o mundo a toda velocidade e sen medo a case nada, bueno, os cans atráena pero cando se acercan muito ela non gosta desa proximidade. Xela é mui alegre e aleda a muita xente, sobre todo ao avóP que o está pasando mui mal ultimamente.
É unha alegría esta nena cando che dá unha flor, unha aperta ou unha galleta.
8 comentarios:
É unha ledicia velos medrar. Están os dous moi fermosos.
Bicos
Pois si que son unha alegría!
Onte mesmo conseguín que me fixese caso: colleume o dedo entre a súa manciña e purraba de min que nin che conto...
Alégrome que tamén lle faga ben ao AvóP. Apertas e forza.
dentro de nada lemos o post de que o Leo vaise para a Universidades e Xela casi...
¡como crecen en casa dos outros!
biquiños,
Aínda lembro cando volvestes dos USA co Leíño encargado. Mira ti! Xa pasaron algúns anos. :)
Moi atinada a concesión do peixiño como mascota!
Apertas
jaja que cutre, paideleo, un peixiño!
o Leo eche ben bó ho! "aceptamos peixe como animal de compañía" :-)
lindos que están os dous, (na foto hai unha margarida que leva unha rosiña pegada)
Qué fermosura a dunha meniña ofertando a estes que lemos unha florciña!
A ver como se decide o nome do novo habitante da casa, dese peixiño...:-)
Apertas
Fai tempo que non dou unha voltiña polos blogs, e mentres tanto Leo e Xela medraron sen parar.
Biquiños para os dous.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio