leoeosseus

martes, 14 de agosto de 2012

Visita ao zoo


O Leo leva unha tempada teimando cos lobos así que decidimos levalo á Madroa a que mirase os lobos. Non sei como os imaxinaba el pero dixo que os que mirou eran pequenos. O Leíño aínda non sabe que os homes son os lobos para o home pero xa o aprenderá co tempo.
Xela alucinaba con todos os animais. Ela sinalaba e soltaba un " Aaaaaa" que lle saía do corazón.
A verdade é que deixa admirado esta nena que imita todo e quere facer rir á xente. Tamén me deixa abraiado que empece a tararear cancións.
Con estes dous non hai momento tranquilo.

Etiquetas: ,

4 comentarios:

Ás 15/08/12, 01:57 , Blogger Paz Zeltia dixo...

non hai momento tranquilo, nin baleiros no corazón.

:-)

miña nai sempre me dicía que a quen lle tiña que ter eu medo era ós lobos de dúas pernas.

 
Ás 16/08/12, 12:18 , Blogger matrioska_verde dixo...

cando Senira era pequena tamén a levei ó zoo da Madroa... non volvín desde entón.

da gusto ver os pequenos como se asombras coas cousas ¿verdade?

biquiños,

 
Ás 23/08/12, 20:35 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Tranquilidade só hai anaquiños que se intercalan. Disfrutade deles!!!

 
Ás 24/08/12, 21:10 , Blogger mfc dixo...

A vida também se pode e deve ensinar!
Um grande abraço.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio