Outubro
Empeza outubro e xa se vendimou todo. É máis, a uva xa ferveu e perdeuse a oportunidade de curar males de pernas meténdoas no viño a ferver.
Tamén se apañou o millo e antigamente quen topaba a espiga escura era o rei ou raíña.
Tamén chegaron os novos inquilinos á casa anque por menos tempo do que quererían eles. Este ano os dous inquilinos son pedreses. A ver se se lle nota a diferenza en algo.
Etiquetas: arbo II, etnografia VI, natureza V
6 comentarios:
Pobres porquiños! Só de pensar o que lles vai pasar...
son pedreses????
mira, e o millo... usádelo en gran como pienso ou moédelo para fariña dalgún xeito?
Aquí en Betanzos tamén estiveron estes días coa vendimia. Non sei se remataron ou non.
Pedresesquere dicir a pintas. Tamén hai galiñas pedresas. Este ano é a primeira vez que teñen os avós uns porcos así.
O millo hai que moelo para facer fariña. Para a xente teñen este ano millo branco para facer polenta e bolo do pote.
grazas por responder. pedreses. non lembro telo escoitado.
(escoitei o outro día cousas sobre o millo transxénico que...)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio