Festa do Calacú 2012
Este sábado pasado puidemos comer as case-primeiras castañas da tempada e, a verdade, é que apetecían co este tempo húmido, escuro e frío. Foi na Noite do Calacú que organizan os veciños dun barrio de Vilaguindastre.
Uns días antes o Leo levou un papel escrito cos seus medos ao cole para esconxurar eses medos xunto cos dos compañeiriños.
Gustoume o papel e aquí o reproduzo.
Etiquetas: etnografia VI, leo IX
4 comentarios:
Fermosa foto e interesante escrito o de Leo. Vai tomando nota!
nunca ouvín o da noite do calacú... por aquí dise "o samaín".
biquiños,
tenlle medo aos castelos?
ou aos cas e o outro é algo que non entendo?
:-)
estase impoñendo moito esta festa das cabazas... nunca tan vira ata que chegou de volta da man dos anglosaxóns... pero nesta aldea global, todo o que sexa enriquecemento é bo, mentres sexa sumar e non resssstarrrr
O Leo tenlle medo aos castelos pero tamén aos cans e máis cousas.
No debuxo hai arañas, morcegos e un gato negro.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio