leoeosseus

sábado, 24 de novembro de 2012

Décimo sétimo mes


A xoubiña segue a medrar ao seu ritmo. Semella incrible que teño tal vitalidade co pouco que come. Supoño que o leite da nai fará o miragre de darlle vitalidade. Xa ten todos os dentes e xa bota carreiriñas. Tamén salta no sitio e baila e tararea cancións. O asunto da gardería non o leva mui ben anque, para dicir a verdade esta semana só foi un día que non andaba mui católica de saúde cos mocos, toses e febres. No falar non avanzou pero entende todo e asocia muitas cousas. Por exemplo, se agora mira a lúa no ceo fai coas mans o que fan uns nenos dun vídeo da canción " Twinkle, twinkle, little star " ou " Trinco, trinco" como di o Leo.
E imos camiño do ano e medio !.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 25/11/12, 10:02 , Blogger Dilaida dixo...

A min paréceme que está preciosa.
Bicos

 
Ás 25/11/12, 13:13 , Blogger Peke dixo...

Non só o parece: está moi linda.

 
Ás 25/11/12, 23:38 , Blogger Paz Zeltia dixo...

que ano e medio de ollazos!

 
Ás 27/11/12, 12:02 , Blogger matrioska_verde dixo...

aquí vese moi formaliña, é preciosa.

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio