Hasta lueguín, panadizo
Nunca é tarde para aprender e así neste día chuviñento de sacar a paladas auga da fábrica tiven ocasión de aprender a palabra panadizo. Levo uns días cunha infección nun dedo arredor dunha uña e non dá pasado. Fun hoxe á médica e díxome que era un panadizo ( uñeiro ou colledizo en galego ) e que tiña que sacar o pus no enfermeiro e tomar antibiótico e antiinflamatorio e así fun logo á farmacia. Alí a dependenta de lentillas verdes despediuse de min cun " Hasta lueguín " que nunca oíra na miña vida. Por iso que sempre se aprende saíndo da casa.
Iso si, non aprendo nada cando encendo a radio e escuito falar de matanzas en colexios. Máis ben desaprendo.
Prefiro pintar sorrisos en feridas.
Etiquetas: curiosidades X
6 comentarios:
Uma tragédia amigo. Inenarrável para qualquer um, muito mais para quem é pai.
Panarício é um bom petisco amigo. Dói imenso e às vezes é preciso arrancar a unha. Tomara a infecção passe logo.
Um abraço e bom fim de semana
A curar ben ese panadizo!
pois sí que che saliu un panadizo repoludo!
o día chuviñento paseino eu pelexando cun programa de edición de video.
Horas que me pasaron como minutos, se non fora pola dor de músculos de estar sen cambiar de postura.
e nada, hasta lueguín!
ese hasta lueguín é algo agarimoso... como decir hasta lueguito... digo eu...
o do dedo, ten que doer moito ¿verdade?
toma ben os medicamentos e mellórate axiña.
bicos sanadores, que son os necesarios nestes casos.
Teño escoitado a palabra "lueguín", pero en Asturias. Codio que é bable.
Un saúdo.
Quería escribir coido. Coido que é bable. En fin...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio