Xela a repetidora
Xela está aprendendo a falar repetindo ao seu xeito as palabras. Leo é " Oo " para ela, algo parecido a como di cando se refire a Pocoyó. Elly é " Ee ", o curmán chámao " Pi ", Mickey é " Pipi " e Pato di algo así como " Pa ' u " cun salto da letra " t " oclusivo glotal que me fai lembrar como dicía a xente da rúa en Londres o seu " t " de lettuce que soaba " lé ' is ". Tamén di " gobo " para globo e " pepé " para papel.
Na foto está no concerto de María Fumaça de onte desfrutando de cancións como" A sopa do nené " ou " O mercado ".
Etiquetas: xela II
6 comentarios:
Esta Xeliña é mundial. Mesmo parece que está dirixindo a banda de música.
Da, como diria unha cuñada miña, Rabia vela.
Apertas.
Está feita unha melómana! :)
debe estar moi graciosa falando así.
a formiguiña é unha canción moi entretida, e o vídeo encantoume!
pero mira tí o que é ter moitos anos, e ter visto moito neste mundo... que me acordaba do cuplé aquel da pulga que lle picaba "alí"
no encontré la versión que yo decía,
pero esta, no está mal, jeje
https://www.youtube.com/watch?v=GMdAPAhGs-s
tan pequerrecha e xa de concertos... ;.)
Como medrou a Xela! Está preciosa... e debe ser estupendo vela como comeza a falar e a darlle nome á realidade! Xa vai tempo que "paseo" polo mundo de leoeoseus e ver medrar os cativos resulta emocionante. :)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio