Chegoulles a lúa
Chegoulles a lúa aos porcos en Arbo e agora están partidos e postos a salgar ou en zorza para facer chourizos, chourizas e ceboleiros.
Non fun onte matar pero fun hoxe para salgar e picar. O traballo vaise levando mentres todos van falando dos temas máis diversos con alegría e ata picardía. Foi volver lembrar partes do porco ( lagarto, solombo, carroleira, papadelas, riles, boche, courachos, paxareta, hombreiras, etc, etc ) e aprender un refrán novo, esta vez referido ao fillo maior; " o morghado ou é un tolo ou é un alambazado ".
Non sei se se repetirán tempos así que a avoaM ten muita pena dos animaliños que eran mansiños... anque di iso mesmo todos os anos !.
Etiquetas: arbo III, etnografia VI
8 comentarios:
Os xamóns ou presuntos, teñen unha estupenda pinta. ¡Que aproveiten!.
Estou coa avoa. Meus pobres!
Eses xamóns ulen incluso a través da pantalla!
e non lle han dar pena?
teño eu pena dos ratos que me invadiron a cociña da aldea, deixelles veleno, e agora imaxino os seus pequenos cadáveres e teño remorsos. :(
pensaba que se mataba por novembro e tal. Non sabía que tamén en xaneiro.
O rito. Cada ano. O rito.
Este é o tempo certo...
Tudo tem um tempo certo.
Um grande abraço.
facía mil anos que non ví os xamóns a salgar...¡que tempos!
biquiños,
Parece que o comentário anterior se escafedeu.
Vamos lá de novo. Matança de porco sempre me trás à memória lembranças da meninice.
Um abraço e desculpe se comento menos. Estou com problemas nos olhos, em tratamento, e por isso como estou proibida de passar muito tempo no pc, por vezes visito, leio, mas não comento. Para poder visitar mais amigos e ler mais artigos.
Oes, si hai que ir un día por aí para catar os chourizos non tes máis que avisar, he, he!!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio