leoeosseus

mércores, 20 de marzo de 2013

Lleísmo


Neste día recibín un diploma de parte de Xela e máis un colgante para o coche. De Leo recibín un debuxo adicado para o pai único. Bueno, digo recibín pero o pobre aínda non mo deu porque non coincidimos nos horarios.
Estes agasallos sinxelos sempre se agradecen. E non me importarían que fosen flores anque viñesen con " lleísmo " incorporado.
Feliz día a todos os pais !.

Etiquetas: ,

6 comentarios:

Ás 20/03/13, 00:58 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

É uma ternura estes mimos dos filhotes mas mais do que os mimos, são os seus sorrisos e os seus abraços que nos acalentam o coração.
Um abraço e feliz dia.

 
Ás 20/03/13, 20:02 , Blogger Peke dixo...

Non é lleísmo. O verbo querer en galego ten dous significados: amar e desexar posuír. A gramática di que co primeiro significado debe usarse lle e co segundo, o/a. É longo de explicar completo, pero ten que ver co latín e cos restos que deixa. De tódolos xeitos, eu -que coñezo a norma- digo "quérote", aínda que debería dicir "quéroche", pero iso é o de menos. Se queres unha explicación máis completa, xa sabes onde está o meu correo.

 
Ás 22/03/13, 00:11 , Blogger paideleo dixo...

Pois terás razón pero a min sóame raro. E se cambias pai por nai aínda me soa máis raro.

 
Ás 22/03/13, 08:56 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Parabéns, papá!
Xa estaba preocupada por non escribires nada por aquí.
Ten razón no que di Peke, aínda que eu tamén digo Quérote! Cambia o conto se falo dunha 3ª persoa, entón é mellor dicir quérolle ca quéroo...
Cousas da lingua e dos afectos.
Bicos a todos e a ver cando nos vemos.

 
Ás 23/03/13, 00:52 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois eu tamén digo que lle quero moito a alguén, así que me consola o que di Peke...
[uf, como boto de menos eu esa caste de agasallos que a ti inda che fan por pares!]

 
Ás 04/04/13, 12:41 , Blogger matrioska_verde dixo...

eu todavía teño gardados regaliños do día da nai... debuxos con corazós o cousas así.

non che hai regalos mais fermosos.

biquiños,.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio