leoeosseus

venres, 22 de marzo de 2013

Os xiganeiros

 


O Leo ten bastante imaxinación e se non sabes por onde vai acabas descolocado.
O outro día faleille das baleas que unha balea azul é tan grande coma oito elefantes en ringleira. El contestoume: " Pois no país onde falan inglés raro existen os xiganeiros que son máis grandes que as baleas e comen cada día vinte elefantes ".
Na imaxe está representado un taboleiro do xogo da oca creado por el.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 22/03/13, 10:38 , Blogger Raposo dixo...

Como para invitar a un xiganeiro a comer a casa!!

 
Ás 23/03/13, 00:47 , Blogger Paz Zeltia dixo...

:D je. Menos mal que debe haber poucos xiganeiros, ou os elefantes xa se podían dar por extintos.!

 
Ás 23/03/13, 15:02 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

O do xogo da oca é de matricula. Menudo maxín ten o amigo.Dos Xiganeiros xa nin conto.

 
Ás 24/03/13, 13:56 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pregúntalle se non poderíamos traer unha parella de xiganeiros e soltalos nun pleno do Parlamento...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio