leoeosseus

sábado, 6 de abril de 2013

Tradución a machada



Hoxe fixo un día frío pero con intres de sol e Leo puido desfrutar dun aniversario dunha compañeira nunha asociación de veciños. Alí teñen unha pista de deportes e parque infantil e un parque deses para exercicios de adultos. Mirando os carteis dos aparellos descubrín esta tradución a machada, á forza, da palabra española " muñeca " que poderían traducir por pulso ou mesmo colo.
Se non fose que non me gusta esborranchar xa correxiría eu o cartel cun rotulador.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 07/04/13, 02:15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

iso é como "Alicerce Bardem" (por Pilar Bardem)

 
Ás 09/04/13, 09:35 , Blogger matrioska_verde dixo...

ja ja ja... pero que cachondo o que fixo o cartel!

biquiños,

 
Ás 10/04/13, 11:36 , Anonymous peke dixo...

Cando vexo estas cousas, pregúntome por que non se consultan dicionarios.

 
Ás 11/04/13, 23:34 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Eses usan o mesmo tradutor que os da Coz

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio