Vixésimo segundo mes ( e máis un día )
Pasa o tempo e Xela abre camiño pola vida adiante. Hai unhas febres misteriosas de cando en vez por aí pero ela aguanta. Come pouco e móvese muito. Imita ao irmán e gústalle coller cousas coas que anda a xogar el pero a ela non lle gusta que llas collan. Di muitas palabras e ata me corrixe ás veces con " culo ", " caquillas " ( cóxegas ) e outras. Gústalle estar co irmán e aproxímase con vergonza a outros nenos anque pronto xoga co eles. Non ten xoguete favorito e tanto anda cunha cousa coma con outra. Gústalle bastante a tele, pintar e cantar e canta " Pama, pama, pama, pe, pe, pe, lola, lola, lola. Caquéee. " ( Palma, palma, palma, pe, pe, pe, roda, roda, roda. Caranguejo peixi é ). Gústalle limpar cousas cunha toalliña húmeda e pintar as uñas. É media equilibrista e tennos sorprendido sentada na mesa do ordenador, a da cociña ou a do salón e non se lle pode deixar a porta sen chave que escapa.
Vaia, que non nos aburre.
Etiquetas: xela II
4 comentarios:
Unha forte apets para a Xeliña!
¡Que mayor!
Escapa! jaja, xa verás cando teña dezaseis!
(e esa nena sempre está rindo?)
Escapa? Gústalle a liberdade, logo!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio