Polo norte
De perdidos ao río e como semellaba que ía chover toda a fin de semana decidimos ir polo norte. A chuvia non foi tal e puidemos visitar ancestros, homes xigantes, esqueletos, condes Von Siro e Dagobertos, viaxar polo espazo, facer experimentos, ver fauna mariña e como comen focas e subir nun ascensor-bóla a un mirador. Todo iso entreverado con comidas con pasta e pizza negra con polbo, discusións con chóferes de autobuses, tapeo, festival de Eurovisión. Xela iniciouse no mundo dos parques de bólas e a chuchar bebidas pola palliña e o Leo chorou cando hoxe tiñamos que voltar para casa que mañá lle empezaba a rotina.
Foi unha fin de semana sorpresa e intensa.
Etiquetas: viaxes II
3 comentarios:
si ho, debeu ser. Polo número de cousas que enumeras. E tí vestido alí con aqueles homes e mulleres. Tiñas que ter posado en bólas.
Pobriño o Leo. Que pronto comenzan as escravitudes sociais...
pois quedou unha foto ben chula!
¡pobriño do Leo, o que lle queda!
biquiños,
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio